TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – ALONDRAS CF 2

O Alondras certifica a permanencia na categoría, e o As Pontes segue complicándose a vida, e da gracias ós triunfos a domicilio de Vilalbés, Cerceda e Depor B, os seus tres últimos rivais en Liga.

338

Triste derrota dun As Pontes, a quen, como xa lle acontecera co Bouzas, remontaronlle o partido cun gol nos últimos minutos, 1-2, o que lle da a salvación ós cangueses mentres os locais terán que seguir sufrindo, seis puntos por encima do arrastre.

E iso que se puideron adiantar os azuis. Primeiro é Óscar quen a ten franca para rematar, pero cedella a Cañi, que dispara por enriba do escuadro (3´). Posteriormente, tras unha xogada por banda esquerda, centra Santi, pasalle por debaixo das pernas a Óscar, en boca de gol, e logo a remata mordida Cañi (13´). Aínda tiveron algunha que outra aproximación ambos futbolistas, pero a xogada de maior perigo foi nun desaxuste defensivo local, que quedou completamente só Adrián, avanzou, prantouse ante Marcos, pero disparou fóra (31´). Tomaríase cumprida revancha despois, e vingaría o 1-2 da ida.

Chegouse ó descanso, e trala reanudación, o Alondras aproximábase con certo perigo, incluso unha xogada con varios pontevedreses desmarcados acabouna salvando o bravo Nan, o gladiador de Narón (55´). Foron sen embargo os locais os que se adiantaron no marcador, balón en profundidade dende a defensa, pelexaa Santi co central Fiuza, gañalle a partida, remata, e bate por baixo a Lorenzo (67´), anotando o seu noveno tanto da campaña o astur-lucense.

Parecía que os locais se aproximaban á permanencia, pero non foi así. Tanto foi o cántaro á fonte que nunha xogada de manual, Mauro marchase por banda esquerda, sirvella a Adrián, que empala e marca chegando completamente só dende atrás (72´).

Foi faltando tres minutos, como acontecera co Bouzas, que tras outra perda de balón en medio campo, e tras outra contra, non a desaproveitou Adrián prantándose ante Marcos para facer o seu segundo tanto, levarse os tres puntos o Alondras, e selar a permanencia na categoría.

O de Cangas, un gran equipo, pero que levaba apenas 32 goles en Liga, marcoulle dous ó conxunto local en quince minutos. Segue complicándose a vida o As Pontes, abonado ó sufrimento, e debe dar gracias ás vitorias a domicilio de Vilalbés, Cerceda e Deportivo B, curiosamente os seus tres últimos rivais en Liga, que fan que os azuis leven aínda seis puntos de ventaxa sobre o Ordes, 16º e arrastre, con 12 por xogar.

Próxima visita ó Noia, último con 31 puntos, pero que hoxe venceu 0-2 en Verín e iguala ó conxunto ourensán e ó Ribadeo.

Sexta vitoria do Alondras en O Poboado, por 7 empates e 7 triunfos locais. Dende o seu reencontro en Terceira estas seis últimas tempadas, 1-2 e 0-1, as dúas primeiras, dúas goleadas, 6-0 e 4-0 as dúas seguintes, e 1-0 e 1-2 as dúas últimas. Tres vitorias para cada un.

CD As Pontes. Souto, Adrián, Alex, Nano, Dani, Edi, Óscar (Pablo Domínguez 65´), Bossa, Santi, Cañi (Pablo Ramos 72´), Toni (Pardo (83´)

Alondras CF. Lorenzo, Castilla, Rubén, Fiuza (Pitu 77´), Agujetas, Centrón, Joni (Iván 74´), Alex, Adrián, Andrés (Champi 69´), Mauro.

Goles: 1-0, Santi (67´), 1-1, Adrián (72´), 1-2, Adrián (87´).

Árbitro: David Novas Benavides (Vigo). Auxiliado por Rodríguez Travieso e Feijoo Bautista. Amarela a Nano, Joni e Champi.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde fría pero moi soleada. Partido da 34ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios