«As Pontes se poderá visionar a través da mirada dos seus veciños»

Sabela Pernas xunto con Ana Seijo, imparte un obradoiro de Urbanismo Emocional

308

¿Que ten que ver o urbanismo coas emocións?, ¿existe algún nexo en común entre estes conceptos?. Polo de agora as aplicación prácticas que misturan ambalas dúas dimensións non son frecuentes. Pero a comarca volve ser pioneira, en concreto, o municipio de As Pontes onde, desde o luns, un grupo de case unha decena de persoas participan nunha iniciativa que fusiona as múltiples e diferentes dimensións que estas materias levan aparelladas.

Baixo o título de Urbanismo emocional, o obradoiro que imparte a creadora audiovisual, Sabela Pernas, e a psicológa Ana Seijo, fará efectiva unha conexión que os alumnos irán descubrindo a medida que avancen as semanas. «Como habitantes dunha vila nos relacionamos cos nosos espazos urbáns. No curso revisaremos eses lugares que todos compartimos, pero que a cada un nos esperta unhas sensacións diferentes. Por exemplo, a mesma rúa pola que paseo eu non terá os mesmos recordos que para outra persoa. Cada un ten unhas emocións diferentes conectadas con ese espazo».

Tras estudar Comunicación Audiovisual en Pontevedra e realizar en Londres un máster de Filmmaking, Pernas compatibiliza as súas tarefas no proxecto VideodinamizArte coa docencia de producción audiovisual na escola O Raio Verde.

O obradoiro de Urbanismo Emocional, «foi creado para este municipio en concreto». Ademais, é especial porque «crearemos unha web na que todos poderán ver as rutas escollidas polos participantes. Aglutinaremos aí todo o material resultante». A iniciativa nace con vocación de continuidade porque «a nosa idea é que se poida repetir e que máis veciños teñan acceso». As Pontes se adhire, a través deste proxecto, a outros municipios como San Sadurniño que desenrolan iniciativas que, segundo Pernas, «vinculan aos veciños co seu pobo. É unha oportunidade para que As Pontes se poida visionar a través das miradas dos propios cidadáns». Polo de agora, comenta, a acollida foi «xenial, estamos moi contentas». De feito, «tivemos que ampliar as prazas e algunhas persoas tiveron que quedar en lista de espera». O taller botou a andar o luns, xornada na que «descubrimos que ese nome chamaba, todos viñan cunha idea previa, pero aínda hai que traballar nelas», comenta.

Ata o 20 de xuño, un equipo integrado por persoas de perfil «moi variado, desde xubilados a persoas que nunca fixeron vídeos, compartirán experiencias». Isto, engade Pernas «dálle unha riqueza moi interesante, tanto para o grupo como para o resultado final». Os traballos, nos que a psicoloxía terá un peso destacado na preproducción, e o audiovisual na segunda fase, daranse a coñecer nun acto que coincidirá coa celebración das festas do Carme. Cumprirase outro dos grandes obxectivos do obradoiro: «Compartilo con todos os veciños».

Fonte La Voz de Galicia

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios