SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CD ALBENSE – O ESTEO F.S. – (2-2)

Os ponteses xogaránse evitar a teórica terceira praza de descenso con Cistierna e Benavente nas dúas últimas xornadas.

211

O Esteo arrincou un valioso punto na súa visita a Alba de Tormes, o que o deixa con 28 puntos na antepenúltima praza e xogaráse o descenso con Cistierna (28) e Benavente (29). Xa son matemáticamente os dous últimos Sala Ourense (20) e Bueu (17).

No encontro, os dous equipos buscaron o gol nos primeiros 20 minutos pero foron os locais os que mandaron un disparo ó longueiro e poñíanse por diante faltando un minuto.

Mediado o segundo tempo empataba Jose López, pero volvían a poñer terra de por medio os brancos por medio de Merino, o que obrigou ós ponteses a arriscar con porteiro xogador nos derradeiros minutos marcando Jose López.

O Albense tivo un dobre penalti faltando pouco, pola sexta falta do Esteo, e o lanzamento bateu nos dous postes paseándose pola liña de gol.

Incluso preto do final puido marcar o terceiro Jose López nunha contra pero non chegou polos pelos.

En definitiva, O Esteo (28) xogaráse a terceira teórica praza de descenso nas derradeiras dúas xornadas. Recibe dentro de dúas semanas ó cuarto, Mosteiro de Bembrive, e visita ó colista Bueu.

O Benavente (29), co que ten gañado o goal average xeral, recibe ó Bueu, e visita na derradeira xornada ó líder Noia. O Cistierna (28), equipo que lle ten gañado o goal average ós ponteses, recibe ó terceiro, Cuéllar, rematando a Liga visitando ó Tres Cuñados, quinto.

FICHA DO PARTIDO

CD ALBENSE: Marco, Izquierdo, Merino, Alberto, Arroyo –cinco inicial- Calleja, Rober, Pablo montes, Jose Luis, Iván.

O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Héctor, Jose López –cinco inicial- Cospe, Ayala, Tucho.

ÁRBITROS: Mala actuación do trío arbitral Álvaro Cano Castro, Daniel Ontañón Ramos, Francisco Calvo Martín (Burgos-Salamanca), que amosaron tarxeta amarela ós oito xogadores do Esteo, ademáis de Iván e Alberto, que nin xogaron. Este último, expulsado con dobre amarela. Polos locais tamén a viron Merino, Alberto, Jose Luis e Iván

GOLES: Min. 19 (1-0), Calleja. Min. 30 (1-1), Jose López. Min.34 (2-1), Merino. Min. 37 (2-2), Jose López.

INCIDENCIAS: Vixésimo oitava xornada de liga do grupo primeiro da Segunda División B. Pavillón Municipal de Alba de Tormes (Salamanca). Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios