Os coruñeses Juan Ares e Antonio Rodríguez vencedores do Torneo de Mus do Liceo das Pontes

Días pasados celebrouse no local social do Liceo de As Pontes unha nova edición do Torneo de Mus, no que participaron vinte e catro parellas procedentes da Coruña, Ferrol, Lugo, Ortigueira, Ourense e tamén da propia vila pontesa.

248

O torneo comezou ás doce do mediodía para, despois de xantar, continuar pola tarde. Proclamouse campioa a parella coruñesa composta por Juan Ares e Antonio Rodríguez. En segundo lugar quedou a parella Escrigas-Velo, mentres que terceira foi a formada por Castillo e Keko. Fixo a entrega dos trofeos ós gañadores o concelleiro de Deportes pontés, Chicho Tembrás.

Os vencedores deste tradicional torneo pontés disputaran en vindeiras datas o Máster “Ciudad de Segovia”.

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios