COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES

Segunda xornada de copa con vitorias claras de Santaballés, As Pontes 74 e Mobles Eume e empate entre Galiorient e MMYPEM

360

Segunda xornada de copa con vitorias claras de Santaballés, As Pontes 74 e Mobles Eume e empate entre Galiorient e MMYPEM

Agás a derrota de Bar Xardín ante As Pontes 74 por un claro 3-0, non houbo sorpresas na segunda xornada da competición de copa do fútbol de veteranos de As Pontes.

As Pontes 74 e Santaballés encabezan a clasificación dos seus respectivos grupos con pleno de vitorias.

Na terceira xornada hai que salientar os enfrontamentos entre Mobles Eume e Bar Xardín e Galiorient A Cepa.

Na tarde do sábado disputouse o partido aprazado da liga entre Electricidad J&O e Farmavida, con vitoria dos “farmacéuticos” por 1-3, con goles de Fran, Mele (2) e Tino. Tras este resultado, non hai cambios na clasificación final da competición ligueira.

COPA (2ª Xornada) 23-24 / Abril / 2016

A Cepa – Santaballés (0-3) Chucho, Susito e Diego
As Pontes 74 – Bar Xardín (3-0) Vila, Raúl e Diego
Galiorient – MMYPEM (0-0)
La Galaxia – Mobles Eume (0-2) Iván Ferreiro (2)
Descansaron: Electricidad J&O e Farmavida

COPA (3ª Xornada) 30-Abril / 1-Maio / 2016

Electricidad J&O – La Galaxia (Sáb. 30, 20,00 h)
Mobles Eume – Bar Xardín (Dom. 1, 10:00h)
MMYPEM – Farmavida (Dom. 1, 11:00 h)
Galiorient – A Cepa (Dom. 1, 12:00 h)
Descansan: As Pontes 74 e Santaballés

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios