Xunt@s por As Pontes conmemora o 1 de maio

A plataforma convida a toda a veciñanza ao acto que se celebrará o vindeiro domingo 1 de maio, ás 12 do mediodía.

Terá lugar nas inmediacións do monumento ao traballador, situado na Canle IV (esquina Rego do Campo).

193

Xunt@s por As Pontes, dándolle continuidade ao compromiso que adquiriu coas veciñas e veciños o 1 de maio do pasado ano, homenaxeará no día do traballador a tódalas persoas que perderon a vida en accidentes laborais ou por enfermidades derivadas de xeito directo ou indirecto do desenvolvemento das súas funcións profesionais.

Xornada, asemade, de loita e reivindicación dos dereitos da clase obreira, na que tamén se denunciarán as cifras de desemprego e se esixirá das institucións o efectivo cumprimento das prerrogativas constitucionais, a derogación da vixente Lei Laboral promovida polo PP, e a fin da precariedade.

A plataforma veciñal aposta pola defensa dos sectores produtivos do concello, polo crecemento económico da área, polo incremento do emprego de calidade e por unhas condicións laborais e sociais dignas. E convida a toda a veciñanza ao acto que se celebrará este domingo 1 de maio, ás 12 do mediodía, nas inmediacións do monumento ao traballador.

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios