Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2016‏

Como ven sendo habitual nas últimas edicións da Copa Local de Futbol Sala sempre houbo algunha que outra sorpresa e na presente edición non ia ser menos xa que na xornada que se disputou este pasado domingo houbo sorpresa por partida dobre.

145

Como ven sendo habitual nas últimas edicións da Copa Local de Futbol Sala sempre houbo algunha que outra sorpresa e na presente edición non ia ser menos xa que na xornada que se disputou este pasado domingo houbo sorpresa por partida dobre.

Dos tres primeiros clasificados da Liga, que entraban na competición nesta xornada, só logrou gañar o Estanco Maricarmen por 5 goles a 4 ao Matojoma-Las Torres no encontro correspondente ao grupo C. Foi un partido moi igualado que se decidiu nos minutos finais.

A primeira sorpresa da tarde saltaba no grupo A co empate a un gol entre o Macy Ls Ub2 Futsal e o A2M Ingeniería STIA. Nun encontro moi disputado no que a victoria puido ser para que calquera dos dous conxuntos e no que o empate fixo xustiza ó visto sobre a pista.

A outra sorpresa xornada foi a derrota, no grupo B, por dous tantos a un do Pinturas Colormix ante o Mi Bebe 4D-Bar Jardin nun partido tamen moi disputado e non exento de polémica xa que o árbitro concedeu un penalti mais que dudoso a favor de Mi Bebe 4D-Bar Jardin, acción que foi decisiva no desenrolo do encontro. Polo tanto Mi Bebe 4D-Bar Jardin convirtirse no primeiro equipo en clasificarse para semifinais.

En definitiva, unha das xornadas mais igualadas desta tempada entre Liga e Copa.

XORNADA  Nº 2

GRUPO C 5 ESTANCO MARICARMEN MATOJOMA-LAS TORRES 4
GRUPO A 1 MACY LS UB2 FUTSAL A2M INGENIRIA STIA 1
GRUPO B 1 PINTURAS COLORMIX MI BEBE 4D – BAR JARDIN 2

CLASIFICACIÓN
GRUPO A

POSTO EQUIPO PX PG PE PP GF GC PUNTOS
HUSSE – BARBARROJA 1 1 0 0 3 2 3
MACY LS UB2 FUTSAL 1 0 1 0 1 1 1
A2M INGENIERIA STIA 2 0 1 1 3 4 1

GRUPO B

POSTO EQUIPO PX PG PE PP GF GC PUNTOS
MI BEBE 4D – BAR JARDIN 2 2 0 0 6 3 6
PINTURAS COLORMIX 1 0 0 1 2 1 0
ESCOLANTES DA CHÁ 1 0 0 1 2 4 0

GRUPO C

POSTO EQUIPO PX PG PE PP GF GC DG
MATOJOMA – LAS TORRES 2 1 0 1 13 11 3
ESTANCO MARICARMEN 1 1 0 0 5 4 3
RIBADEUME F.S 1 0 0 1 6 9 0

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios