ACTUACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO IBÉRICO DA CLASE VAURIEN

Tres tripulacións do Club de Vela Fluvial de As Pontes participaron o pasado fin de semana no Campeonato Ibérico 2016 en augas do embalse cacereño de Gabriel y Galán en Guijo de Granadilla, organizado pola Escola Náutica Granadilla.

251

Tres tripulacións do Club de Vela Fluvial de As Pontes participaron o pasado fin de semana no Campeonato Ibérico 2016 en augas do embalse cacereño de Gabriel y Galán en Guijo de Granadilla, organizado pola Escola Náutica Granadilla.

Con pouca ola pero forte vento, de entre 15 e 25 nos, os barcos competiron moi axustados en metros e ó límite, realizando planeadas interminables a maioría con final feliz pero outras acabaron en espectaculares volcadas que resultaron decisivas para o resultado final do campeonato. O feito de pelexar ó limite provocou algunha lamentable consecuencia como a rotura dalgún mástil.

Durante toda a regata a loita entre os dous primeiros clasificados foi moi intensa, alternándose o triunfo manga a manga, caendo a balanza finalmente do lado de Antonio Pérez e Santiago Moreno que se impoñían pola mínima ós defensores do título Pablo Cabello e Javier Lago, proclamándose o primeiros Campeóns Ibéricos 2016.
A terceira posición foi ocupada polos vascos Alain Arri e Iñaki Aranaga, que completaban o podium deixando por detrás ós extremeños Jose Ignacio Fernández e Kike Reyes, e os ponteses Chucho Suárez e Yolanda Chao. Precisamente o barco pontés montaba unhos novos timón e orza desenrrolados por OBRADOIRO CR, do propio Chucho Suárez.
En categoría femenina e xuvenil foron as regatistas Paula González e Carmen Alonso as que se fixeron con triunfo.

Polo que respecta ás outras dúas tripulacións pontesas, Marco Antonio Sanmartín e Maruxa Sío finalizaron nun meritorio 9º posto, tras ser esta a primeira regata na que competían xuntos; mentras que Miguel Ferreiro e Álvaro García baixaron ata o 12º posto ó non poder disputar ningunha das 3 probas do domingo ó sufrir a rotura do casco do seu barco tras ser abordados por outra embarcación en competición.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios