CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 6-7-8 / MAIO / 2016

Saída difícil do CD As Pontes ó campo do Cerceda, conxunto que nas dúas xornadas que restan para o final xógase o liderato, sobre todo na derradeira xornada na casa do Boiro.

206

Saída difícil do CD As Pontes ó campo do Cerceda, conxunto que nas dúas xornadas que restan para o final xógase o liderato, sobre todo na derradeira xornada na casa do Boiro.

Boiro e Cerceda, con 71 puntos cada un, xóganse a liga nas dúas derradeiras xornadas. Este domingo o Boiro enfrontase na Magdalena ó Vilalbés, equipo que a pasada xornada goleou (0-3) no Poboado ó As Pontes, mentres que o Cerceda recibe no Roxo a un As Pontes que non se xoga nada no encontro unha vez lograda a permanencia na categoría, grazas ós resultados que se deron noutros enfrontamentos. Na derradeira xornada decídese o título no choque Boiro-Cerceda.

O As Pontes viaxa a Cerceda por décimo segunda vez, onde só gañou nunha oportunidade (0-2), foi na tempada 1999/2000; empatou dous encontros e perdeu en oito ocasións, tódolos encontros na Terceira División. Nesta campaña o resultado no Poboado foi favorable ós de Cerceda por un claro 1-3.

TERCEIRA DIVISIÓN (37ª xornada)
C.C.D. CERCEDA – C.D. AS PONTES
CAMPO DO ROXO (Cerceda) – DOMINGO 8 (18,00 h)
ÁRBITRO: DANIEL CALDERÓN PÉREZ (Pontevedra)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD AS PONTES “B” – CD CARIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 7, 19,00 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES
Campo da Piscina – San Sadurniño (Sáb. 7, 18,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES – RACING DE FERROL
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 7, 12,10 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 7, 17,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES (Finalizou a Liga)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SDRC O FREIXO NARÓN
Campo do Poboado – A s Pontes (Ven. 6, 18,15 h)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES “B”
Campo de Prados Vellos – Ares (Sáb. 7, 11,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 7, 11,00 h)
CD NARÓN – CD AS PONTES “B”
Campo do Cadaval – Narón (Ven 6, 19,30 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – RACING DE FERROL
Campo do Poboado – As Pontes (Ven. 6, 19,20 h)
EUME DEPORTIVO “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara – Pontedeume (Sáb. 7, 12,00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios