Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2016‏‏

Rematou a fase previa da Copa Local de Futbol Sala 2016 coa disputa este pasado Domingo da terceira e derradeira xornada.

113

Rematou a fase previa da Copa Local de Futbol Sala 2016 coa disputa este pasado Domingo da terceira e derradeira xornada. Unha xornada con moitos goles e na que os favoritos, Macy Ls UB2 Futsal, Estanco Maricarmen e Pinturas Colormix, gañaron os seus partidos e polo tanto acompañaran a Mi Bebe 4D-Bar Jardin nas semifinais que se disputaran o vindeiro domingo día 15 Maio xunto coa final.

Unha xornada que comezaba coa goleada 13 goles a 1 do Pinturas Colormix a Escolantes da Chá o que fai que o Pinturas Colormix se clasifique para semifinais como segundo mellor equipo dos tres grupos.

No seguinte encontro da tarde o Estanco Maricarmen non tivo moitos problemas para golear a Ribadeume F.S. por un resultado contundente de 8 goles a 0.

No último encontro da xornada o Macy Ls UB2 Futsal gañoulle a Husse-Barbarroja por 6 goles a 2 nun enfrentamento no que se puxo por diante nos primeiros minutos de partido o Macy Ls (3-0) pero que mediada a segunda metade o marcador reflexaba un axustado (3-2), un arreón final do Macy Ls UB2 Futsal fixo que o marcador se fora ata o (6-2) final.

XORNADA  Nº 3

GRUPO B 1 ESCOLANTES DA CHÁ PINTURAS COLORMIX 13
GRUPO C 0 RIBADEUME F.S. ESTANCO MARICARMEN 8
GRUPO A 2 HUSSE – BARBARROJA MACY LS UB2 FUTSAL 6

CLASIFICACIÓN

GRUPO A

POSTO EQUIPO PX PG PE PP GF GC PUNTOS
MACY LS UB2 FUTSAL 2 1 1 0 7 3 4
HUSSE – BARBARROJA 2 1 0 1 5 8 3
A2M INGENIERIA STIA 2 0 1 1 3 4 1

GRUPO B

POSTO EQUIPO PX PG PE PP GF GC PUNTOS
MI BEBE 4D – BAR JARDIN 2 2 0 0 6 3 6
PINTURAS COLORMIX 2 1 0 1 14 3 3
ESCOLANTES DA CHÁ 1 0 0 2 3 17 0

GRUPO C

POSTO EQUIPO PX PG PE PP GF GC PUNTOS
ESTANCO MARICARMEN 2 2 0 0 13 4 6
MATOJOMA – LAS TORRES 2 1 0 1 13 11 3
RIBADEUME F.S 2 0 0 2 6 17 0

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios