CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 14-15 / MAIO / 2016

Derradeira xornada de liga na que o CD As Pontes non se xoga nada, agás defender a décima posición, que lle pode quitar o Ribadumia se gaña en Mugardos.

164

Derradeira xornada de liga na que o CD As Pontes non se xoga nada, agás defender a décima posición, que lle pode quitar o Ribadumia se gaña en Mugardos.

Mentres que para o Fabril, coa promoción asegurada, pode confirmar a terceira praza que ocupa actualmente empatando no Poboado e que o Choco (4º), tamén clasificado para o play off, non gañe na Coruña ante o Silva (12º).

Como dato histórico hai que sinalar que por primeira vez pitará no Poboado unha árbitro. Será a ourensá (afincada en Vigo) Zulema González González, ascendida este ano á categoría e que debutou no partido Boiro-Ribadumia.

O filial deportivista visita o Poboado por 22ª vez, campo onde gañou en sete ocasións (a primeira en 1964/65 por 2-4 cando se denominaba Fabril Deportivo). As últimas catro confrontacións foron vitorias do As Pontes, que gañou en nove e rexistráronse cinco empates.

Sinalar que o cadro cadete disputa a volta da copa a unha hora non habitual, oito e media da noite (20,30) do sábado, cando a dicir verdade o choque podería disputarse ás doce do sábado ou do domingo (como en principio estaba previsto). Na ida, o resultado foi de 4-2 a prol do Eume Deportivo.

TERCEIRA DIVISIÓN (38ª xornada)
C.D. AS PONTES – R.C. DEPORTIVO “B” (Fabril)
CAMPO DO POBOADO (As Pontes) – DOMINGO 15 (18,00 h)
ÁRBITRO: ZULEMA GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Vigo)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES

Campo dos Pinares – Perlío (Dom. 15, 12,00 h)

COPA CADETE COMARCAL – FERROL (Semifinal volta)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 14, 20,30 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
SDRC O FREIXO NARÓN “B” – CD AS PONTES
Campo de Río Seco – Narón (Ven. 13, 19,30 h)
CD AS PONTES “B” – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 14, 11,00 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES “B” – CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 14, 12,10 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios