ESPAÑA LOITARÁ POLO BRONCE EN MEDELLÍN

Clasifican á final Corea e México e España disputará o bronce a Canadá.

196

Nesta xornada do venres disputábase a competición por equipos, á que chegaban as 16 mellores seleccións nas tiradas previas.

España (Alvariño, Rodríguez, Pifarre) obtiña a sexta marca, con 1987 puntos, por detrás de Corea, EEUUU, Xapón, China Taipei e China, co que enfrontaba a Chile, undécima.

Comezaba España as eliminatorias con vitoria 5-1 en oitavos de final ante os chilenos (56-56, 56-53, 57-52).

En cuartos de final se cruzaban con Xapón, terceiro da previa, e verdugo dos españois na Copa do Mundo de China, pero ó que nesta ocasión venceron por un contundente 6-0 (54-53, 56-54, 56-54).

Cruzábanse en semifinais con México, sétimo da previa, con 1986 puntos, un menos que España, e que viña de gañar 6-0 ó local Colombia, e 5-4 a EEUU nas frechas de desempate por milímetros.

Estiveron máis atinados os mexicanos Zamora, Boardman e Serrano, que venceron 2-6 (55-56, 55-56, 59-57, 55-56).

Na outra semifinal o favorito Corea vencía 6-2 a Canadá, decimo segundo da previa, polo que loitarán cos mexicanos polo ouro, e polo bronce españois e canadianos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios