CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 14-15 / MAIO / 2016

Terceira fin de semana de Maio que nos deixa o remate da Liga na Terceira División, na que o As Pontes acabou décimo con 49 puntos.

266

Terceira fin de semana de Maio que nos deixa o remate da Liga na Terceira División, na que o As Pontes acabou décimo con 49 puntos. O Cadete clasificouse para a final de Copa, que xogará ante o CD Narón B. O Feminino remata a Liga na sexta praza, e o Alevín A escala á primeira praza.

COPA CADETE DELEGACIÓN DE FERROL (Semifinal volta)
CD As Pontes – Eume Deportivo (2-0)
O Cadete venceu 2-0 ó Eume Deportivo na tarde-noite do sábado en partido xogado no campo principal do Poboado, que rexistrou unha boa entrada (uns 150 espectadores) a pesar da hora e ser un encontro de categoría de base. Clasificouse así para a final da Copa de Ferrol. Na ida perderan 4-2, recibindo dous tantos nos derradeiros cinco minutos, e no Poboado lograron o resultado xusto que lles facía falla para clasificar, polo valor dobre dos goles. Os de Iván Rodríguez tiveron moitas ocasións, de chegar sós ante o porteiro visitante, pero marcaron, Dani no primeiro tempo, e no segundo, Bruno, tras unha xogada a balón parado.

Os nervios fixeron acto de presenza no tramo final, os de Pontedeume embotellaron ós locais, Manuel fixo dous paradóns e Bruno estivo atinado nalgún despexe, así os azuis conseguiron manter o resultado, e xogarán a final contra o CD Narón B este martes 17 (17,00) no campo da Gándara.

Xogaron Manuel, Carlos, David, Fraga, Bruno, Chema, Dani, Javi, Cazás, Alberte, Mateo e despois Alex Barro, Alex López, Pani, Diego e Jose.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CCRD Perlío – CD As Pontes (1-1)
O feminino empatou a un gol co Perlío na súa visita a Fene. Adiantou Yolanda ás de Pita, pero logo María poñía o empate definitivo no segundo tempo. O conxunto feminino remata a Liga na sexta praza con 58 puntos. Dezasete vitorias, dez derrotas, sete empates, 76 goles a favor por 56 en contra. Goles de Paula Castro (20), Carlota (15), Paula Baamonde, Yaiza e Yolanda (6), Vicky, Noelia Ameneiro e Xeila (4), Alba (3), Nicole (2), Nuria, Yara e Indira (1). Tres foron anotados en propia meta.

Xogaron contra o Perlío, Leti, Yolanda, Nuria, Indira, Yaiza, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
O Freixo Narón “B” – CD As Pontes (2-5)
Numancia de Ares – CD As Pontes “B” (5-3)
Moi ben o Alevín A, que venceu 2-5 ó Narón O Freixo B, goles de Alejandro López (2), Hugo Blanco, Xoel Purriños e Sergio Da Silva, e viuse beneficiado polo empate do Eume ante o Cedeira 2-2, para ascender ó liderado con 39 puntos por 38 dos de Pontedeume. Quédanlle dous encontros ós azuis, recibir ó colista Portuarios B, e visitar ó perigoso O Val, terceiro clasificado.

Importante vitoria do Alevín B por 3-2 ante o Rápido de Neda, con goles de Alex Montero (2) e Iago Expósito, co que se comprime moito a clasificación. Lidera o grupo o Eume Deportivo B con 44 puntos, por 43 do Rápido de Neda e 42 dos ponteses, que visitan ó Racing San Pedro B, décimo, e rematan a Liga unha semana despois recibindo ó Amistade de Meirás B, sexto clasificado.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes “B” – CD San Sadurniño (10-0)
O Prebenxamín B venceu por 10-0 ó colista San Sadurniño, con goles de Nacho Villasuso (3), Íker Ares (2), Xalo Cebreiro (2), Xandre Domínguez (2) e Felipe Riveira. Terceiros con 47 puntos reciben ó líder con pleno de vitorias, Barallobre, para rematar a Liga visitando ó Galicia de Caranza, quinto clasificado.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios