Actuación do Club de Vela Fluvial de As Pontes na III Regata Aceites Abril

Un total de 128 regatistas da clase Optimist déronse cita este pasado fin de semana en Vigo para disputar nas augas da súa ría a III Regata Aceites Abril, clasificatoria para o ranking galego, organizada polo Real Club Naútico de Vigo.

224

Un total de 128 regatistas da clase Optimist déronse cita este pasado fin de semana en Vigo para disputar nas augas da súa ría a III Regata Aceites Abril, clasificatoria para o ranking galego, organizada polo Real Club Naútico de Vigo.

O Club de Vela Fluvial As Pontes acudiu a esta competición cos xoves regatistas Carla Pérez e Javier Martínez, no que era a súa segunda participación en competición oficial.

Durante a xornada do sábado, e a pesar do escaso vento variable de 5 a 8 nos, a Dirección da Regata puido dar a saída a dúas probas das flotas Ouro e Prata. Neste grupo Prata é no que estaban incluidos os ponteses, e no que estivo dominada a cabeza de regata polos regatistas de Aguete e Sanxenxo. Ó final do día Javier e Carla finalizaron nos provisionais 48º e 56º postos respectivamente.

Na xornada do domingo puidéronse celebrar outras dúas mangas a pesar de que a inicial ausencia de vento provocou que a flota saíse ó auga máis tarde do previsto, e de que xa na ría se mantivera unha espera de ó redor de hora e media ata que entrou vento do noroeste que acadaría os 17 nos. Con estas condicións a regata estaba para os regatistas máis experimentados e maior peso, polo que os regatistas ponteses sufriron máis do previsto inicialmente e non foron quen de finalizar ningunha das dúas mangas. A pesar delo, meritorio esforzo e pelexa de Carla e Javier durante este derradeiro día de regata. Deste xeito a competición pechouse con Javier Martínez en 61ª posición e moi perto del na 64ª, Carla Pérez.

A vindeira cita para o equipo de regatas da clase Optimist do Club de Vela Fluvial As Pontes será no XV Trofeo Berberecho, que se celebrará en Portosín os vindeiros 28 e 29 de maio.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios