ALVARIÑO CONSEGUE DOUS METAIS EN MEDELLÍN

Prata individual e bronce por equipos

189

O arqueiro pontés Miguel Alvariño logrou este domingo dous brillantes metais na Copa do Mundo de Colombia.

Pola mañá gañaba xunto aos seus compañeiros Juan Ignacio Rodríguez e Miguel Ángel Pifarre a medalla de bronce na proba por equipos, tras gañar con contundencia na final de consolación a Canadá, deximosegunda da previa, por 6-0. (51-48, 57-52 y 52-44).

Xa pola tarde conseguía a medalla de prata tras caer na final da proba individual ante o xenial estadounidense Brady Ellison por 1-7 (26-30, 26-28, 27-27 y 26-28). O estadounidense, prata en Londres 2012, dobre campión mundial, lograba o seu 25º ouro nunha Copa do Mundo.

Proba do gran logro do pontés é que ademais das dúas medallas desta cita, e a que logrou o ano pasado en México, anteriormente España sólo lograra unha medalla nunha Copa do Mundo de Arco Recurvo. Foi un bronce en mixto gañado pola súa paisana Gema Buitrón, filla do seu adestrador Manolo Buitrón, e Andrés Gómez, en Polonia, en 2011.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios