COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES

Bar Xardín e A Cepa eliminados na fase de grupos da copa de fútbol de veteranos

416

Rematou a primeira fase da copa de fútbol de veteranos con algunha que outra sorpresa. Sorprendente foi a derrota de Mobles Eume ante Electricidad J&O, polo que, tras este resultado, queda apeado dos cuartos Bar Xardín, cuarto clasificado na liga. Pola súa banda MMYPEM, sen marcar un gol nesta fase, tamén accedeu á seguinte rolda ó empatar a cero goles con A Cepa, que queda fóra da competición.

Clasificáronse para cuartos no grupo A: Mobles Eume (9 puntos), La Galaxia (7), As Pontes 74 (6) e Electricidad J&O (4). Quedou eliminado Bar Xardin, con dous puntos. No grupo B, primeiro foi Galiorient (10 puntos), seguido de Farmavida (7), Santaballés (7) e MMYPEM (2). Non se clasificou A Cepa, que logrou só un punto.

A vindeira fin de semana dispútanse os cuartos de final, sendo os encontros máis salientables La Galaxia-Santaballés e As Pontes 74-Farmavida.

COPA (5ª Xornada) 14-15 / Maio / 2016

Electricidad J&O – Mobles Eume (3-2) Cristóbal, Alberto e David / Piña (2)
As Pontes 74 – La Galaxia (0-1) Juan
Santaballés – Farmavida (1-1) Lito / Juan
A Cepa – MMYPEM (0-0)
Descansaron: Bar Xardín e Galiorient

COPA (Cuartos de final) 21-22 / Maio / 2016

Mobles Eume – MMYPEM (Sáb. 21, 20,00 h)
La Galaxia – Santaballés (Dom. 22, 10:00h)
As Pontes 74 – Farmavida (Dom. 22, 11:00 h)
Electricidad J&O – Galiorient (Dom. 22, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios