Copa Local de Futbol Sala

O pasado domingo rematou a tempada 2015/2016 de Futbol Sala Local coa disputa das semifinais e da final de copa.

294

O pasado domingo rematou a tempada 2015/2016 de Futbol Sala Local coa disputa das semifinais e da final de copa.

Na primeira semifinal o Estanco Maricarmen tivo menos atrancos dos esperados para gañar por un contundente 3-9 ao Mi Bebe 4D-Bar Jardin.

Na segunda semifinal o Pinturas Colormix sacouse a espiña dos enfrontamentos da liga ao vencer a Macy Ls UB2 Futsal por un axustado 2-3 nun encontro emocionante que se decidiu nos minutos finais.

E así se chegou á final entre o Estanco Maricarmen e o Pinturas Colormix. O encontro comezou con respeto entre ambos conxuntos pero rápido se soubo o que ia ocorrer sobre a pista. Cun Pinturas Colormix que por momentos mostraba síntomas de cansancio, do esforzo realizado no encontro de semifinais, mediada a primeira metade o Estanco Maricarmen lograba poñerse por diante no marcador con dous tantos pero nos últimos minutos desta primeira metade unha tímida reacción do Pinturas Colormix fixo que se chegue ao descanso co resultado de 2 goles a 1 a prol do Estanco Maricarmen. Na reanudación as cousas seguían igual con moitas ocasións para o Pinturas Colormix que non materializaba pero nun desafortunado rexeite do Pinturas Colormix o balón acababa entrando na súa propia portería o que supuxo o 3-1. Apartir de ai o Pinturas Colormix buscou á desesperada o gol e tivo a súa recompensa anotando o 3-2, iso fixo que se volcara inda mais sobre a porteira do Estanco Maricarmen e nunha xogada que puido ser o empate a 3-3 convirteuse no 4-2 gracias a un contrataque ven executado polos xogodares do Estanco Maricarmen. Nos minutos finais do encontro o Pinturas Colormix arriscou sacando porteiro xogador ocasión que aproveitou o Estanco Maricarmen para sentenciar o encontro e marcar a porta vacía o 5-2 definitivo.

Os Resultados foron os seguintes:

MI BEBE 4D-BAR JARDIN – 3 – ESTANCO MARICARMEN – 9
MACY LS UB2 FUTSAL – 2 – PINTURAS COLORMIX – 3
ESTANCO MARICARMEN – 5 – PINTURAS COLORMIX – 2

Polo tanto:
Campión da Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2016: ESTANCO MARICARMEN
Subcampión da Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2016: PINTURAS COLORMIX
Mellor Xogador da Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2016: PEON (Estanco Maricarmen)

En nome da Asociación Local de Futbol Sala agradecer a tódolos equipos a súa participación nesta tempada na Liga Local de As Pontes.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios