ACTOS DAS LETRAS GALEGAS 2016

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza dous actos esta fin de semana con motivo das Letras

203

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza dous actos esta fin de semana con motivo das Letras:

Festival Homenaxe a Manuel María

Celebrarase na Casa Dopeso o venres día 20 ás 19.00 h. Participarán os centros de ensino da vila, as Cantareiras de Alende, Que máis ten Teatro, Grupo Alalá e Teatro O Catre.

Tamén se proxectará a curtametraxe “O Reloxo”, de Roberto Rego.

II Andaina Pola Lingua

Terá lugar o domingo día 22 ás 12:00 h. A saída será dende o parque municipal e o percorrido será polas rúas do centro da vila. Cada participante poderá escoller entre andar, correr ou ir na bicicleta. As persoas que queiran participar no sorteo de agasallos, deberán estar media hora antes para anotarse. Como broche final, teremos música a cargo do grupo No Cómbaro.

Animádevos a participar!!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios