CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 21 / MAIO /2016

Dos doce equipos do CD As Pontes só continúan en competición o feminino, o cadete, os dous alevíns e o prebenxamín B.

230

Dos doce equipos do CD As Pontes só continúan en competición o feminino, o cadete, os dous alevíns e o prebenxamín B.

O conxunto feminino xoga, a partido único, na Barqueira contra o Cebarca os oitavos de final da copa.

Pola súa banda, o cadro cadete, que o pasado martes logrou o título de Copa, disputa este sábado no Poboado a ida dos oitavos de final da fase final galega. O rival será o Residencia, de Lugo, cuarto clasificado no grupo norte lugués con 40 puntos, detrás de Porto Burela, Ribadeo e Polvorín A.

Os dous equipos de categoría alevín e o prebenxamín B disputan a penúltima xornada de liga. Finalmente os equipos xuvenil e infantil disputan a fase previa da copa AFACO. O xuvenil xogará o domingo 22 en Miño, e o infantil, o sábado 21 en Narón.

COPA FEMININA F-8 – Ferrol (Oitavos de final)
UD CEBARCA – CD AS PONTES
Campo Municipal – A Barqueira (Sáb. 21, 12,00 h)

FASE FINAL CADETE (Oitavos de final, ida)
CD AS PONTES – SD RESIDENCIA “A” (Lugo)
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 21, 17,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 21, 11,00 h)
RACING SAN PEDRO “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara 3 – Ferrol (Sáb. 21, 12,00 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES “B” – SD BARALLOBRE
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 21, 12,10 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios