Resultados do xuvenil de piragüismo no LX Descenso do Miño en Lugo

O sábado 21 de maio, entre Rábade e Lugo, realizouse a sesaxésima edición do Descenso do Río Miño que este ano ademais foi campionato Galego de Descensos, e unha vez máis os padexeiros ponteses participaron na competición.

303

O sábado 21 de maio, entre Rábade e Lugo, realizouse a sesaxésima edición do Descenso do Río Miño que este ano ademais foi campionato Galego de Descensos, e unha vez máis os padexeiros ponteses participaron na competición. Os junior do equipo seguen demostrando que o traballo do inverno da froitos retando 3º por equipos na categoria Junior Masculina gracias ao 3º posto do K2 formado por Carlos Durán e Miguel Domínguez e o 9º posto do k1 de Martín García. En veteranos, Antonio Polo alzouse coa vitoria e Ernesto Gancedo e José Ferreira remataron na 10ª e 11ª posición respectivamente. Os cadetes Manuel Alén e Manuel Fernández remataraon 13º na súa primeira participación na regata lucense e o k2 senior formado por David Tonislavov e José Antonio Menéndez acabaron 10º.

O domingo 23 tres dos infatís do Grupo Xuvenil participaron na regata da Liga Galega que se disputou en Lugo tamén. aarón García foi 54º en infantil A, e Carmela Domínguez e Icía Basanta ocuparon os postos 33º e 42ª na mesma idade en mulleres.

O Grupo Xuvenil seguira coa competición a primeira fin de semana de xuño, na que o equipo de kayakpolo volverá a terras levantinas a participar no 4º torneo da 1ª División Nacional e no Lago das Pontes e coa Colaboración coma sempre do Concello das Pontes celebrarase o Memorial Carlos Fornos/José Ramón Corral de k4 e C4.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios