DEBUT DE ALVARIÑO NO CAMPIONATO DE EUROPA DE INGLATERRA

Foi 34º en individual e sétimo por equipos nas tiradas previas.

145

O arqueiro pontés Miguel Alvariño desprazouse esta semana á localidade inglesa de Nottingham para a desputa do Campionato de Europa de Tiro con Arco ó Aire Libre.

Nas tiradas previas deste martes, Alvariño foi o 34º dos 110 participantes, dos que so os seis últimos quedaron eliminados das roldas eliminatorias nas que entraban os 104 primeiros.

Estivo moi ben Miguel Ángel Pifarre, que foi undécimo con 656 puntos, apuntalando as súas opcións de acudir a Río, en detrimento de Antonio Fernández “Yiyo”.

Juan Ignacio Rodríguez foi 33º con 640 puntos e Alvariño 34º con 639. O mellor foi o francés Jean Charles Valladont, con 671 puntos.

Miguel enfrontaráse mañá ó letón Janis Apsitis (79º) e de vencer cruzaríase ou co danés Weiss (31º), ou co rumano Marcu (82º). De alcanzar a terceira rolda, xa se disputaría o xoves.

Por equipos, os españois foron sétimos con 1935 puntos e polo tanto defrontarán nos oitavos de final de mañá contra Finlandia, décimo con 1931.

No feminino Adriana Martín foi décimo cuarta (631), Alicia Marín, 35ª con 610, e Mirene Etxeberría 41º con 606.

As españolas foron novenas con 1847 puntos e cruzaránse contra Gran Bretaña, oitava con 1854.

En mixtos, Adriana e Pifarre foron oitavos con 1287 puntos, e competirán contra a parella holandesa, novena con 1285.

miguel1

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios