TERCEIRA XORNADA DE COMPETICIÓN EN NOTTINGHAM

A mellor española foi Adriana Martín, que caeu en oitavos de final.

218

Non foi bo día o de hoxe xoves en Nottingham, onde se desputaron as últimas roldas eliminatoria individuais.

E non lle foi moi ben ó cadro español. Alvariño caeu 0-6 ante o turco de dezaseis anos Mete Gazoz, segundo da previa. Pero non lle foi mellor ós seus compañeiros. Pifarre perdeu 0-6 ante o austriaco Bertschler. Algo máis de oposición puxo juan Ignacio Rodríguez, que caeu 3-7 ante o francés Valladont, primeiro da previa. E precisamente os dous finalistas serán os que mellor puntuaciñon tiveron nas tiradas previas, o francés e o turco.

Tampouco lles foi ben ás españolas. Adriana Martín foi a que máis lonxe chegou, á cuarta rolda, tras gañar á danesa Christiansen 7-1, para logo caer ante a alemana Richter 2-6, que previamewnte eliminara a Alicia Marín, 4-6. Pola súa banda Mirene Etxeberría, perdeu 1-7 ante a rusa Stepanova.

Na competición de recurvo mixto, España, Pifarre e Adriana, venceron a holanda 5-3, pero voltou a ser verdugo Gazoz, xunto a Anagoz, para Turquía, que venceu a España 1-5 en cuartos. Final entre a sorprendente Moldavia e Francia, e polo bronce Turquía e Ucraina.

miguel

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios