NOÉ CALVO PARDO XOGARÁ O ANO QUE VÉN EN PORTUGAL

O pívot de 31 anos retorna ó Fundao

413

O xogador pontés de Fútbol Sala, Noé Calvo Pardo, xogará a vindeira temporada no Fundao portugués, equipo no que xa estivera hai dúas tempadas.

Noé, que se formou nas categorías inferiores do CD As Pontes, xogou, xa no mundiño do fútbol sala, no Unidade de Fene, Hermanos Barbeito, Cidade De Narón, e O Esteo pontés, de onde, tras xogar catro temporadas, foi fichado polo Operario Desportivo das Illas Azores, e posteriormente xogou no Fundao, equipo co que gañou a Copa de Portugal 2014, tras gañar 7-6 a todo un Benfica, Campión Europeo 2010, e co que tamén chegou a ser subcampión de Liga.

A tempada pasada estivo no Raba Eto de Hungría, co que conquistou Liga, Copa e Supercopa húngara. Tras este éxito, firmou nesta campaña 2015-16 polo Bakú United de Londres, campión inglés co que xogou a Uefa Futsal Cup, e estando inmerso na loita pola Liga e Copa inglesa o clube desapareceu no mes de marzo por motivos económicos.

Retorna Noé así a Portugal, onde xa xogara dúas tempadas e media, e concretamente no Associaçao Desportiva Fundao nas campañas 2012-13 e 2013-14

noe_0004

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios