REMATOU A COMPETICIÓN DE FÚTBOL DE VETERANOS CO MOBLES EUME COMO CAMPIÓN DE COPA

Con anterioridade o Santaballés lograra o título de liga

518

Esta fin de semana disputáronse as semifinais e a final da copa do fútbol de veteranos de As Pontes, título que acadou por cuarta vez o Mobles Eume, subcampión de liga desta tempada.

Nas semifinais,. Vitoria clara e contundente de Mobles Eume sobre un La Galaxia, que contaba con varias baixas. O resultado final foi de 5-1 a prol dos mobleiros.

Máis igualada estivo a outra semifinal que enfrontaba a As Pontes 74 e Galiorient. O resultado ó remate do encontro foi de 2-1 a prol do As Pontes 74.

Na final disputada na mañá do domingo tivo que chegarse á quenda dos penaltis, xa que tempo regulamentario rematou con empate a dous goles. Por parte dos mobleiros anotaron os tres Luis, Manel e Iván, mentres que Óscar, por As Pontes 74, enviou o balón ó longueiro. Marcaran antes Julio, que tivo claras ocasións durante o partido, e Anselmo.

O Mobles Eume aliñou a Manolo, Villasuso, Iván, Rubén, Luis, Manel, Quinto, Javier, Martín e Santiago. Xogaron por parte de As Pontes 74, Pellón, Rey, Xose, Rober, Anselmo, Vila, óscar, Julio e Paulino.

Despois da final disputada no campo do Poboado, que contou coa presenza dun significativo número de afeccionados, realizouse no LAR a entrega de trofeos e distincións a tódolos equipos, así como a Pirulo, árbitro que foi de toda a tempada. Fixeron entrega dos galardóns membros da organización da competición e o concelleiro de Deportes pontés, Chicho Tembrás.

Rematou así a temporada 2015/16 de fútbol veterano pontés co Santaballés como campión de Liga e o Mobles Eume como gañador da copa.

GALARDOADOS TEMPADA 2015/16

Campión de Liga: CLUB SANTABALLÉS
Campión de Copa: CLUB MOBLES EUME
Subcampión de Copa: CLUB AS PONTES 74
Máximo goleador: IVÁN FERREIRO (Mobles Eume)
Porteiro menos batido: MANOLO “Cope” (Mobles Eume)
Premio á Deportividade: CLUB SANTABALLÉS

PALMARÉS DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES

CAMPIONATO DE LIGA

2009/10 CONSTRUCCIÓNS GUERREIRO
2010/11 SANTABALLÉS
2011/12 MOBLES EUME
2012/13 SANTABALLÉS
2013/14 BAR XARDÍN (antigo Santaballés)
2014/15 MOBLES EUME
2015/16 SANTABALLÉS

CAMPIONATO DE COPA

2009/10 FARMAVIDA
2010/11 MOBLES EUME
2011-12 MOBLES EUME
2012/13 AS PONTES 74
2013/14 MOBLES EUME
2014/15 AS PONTES 74
2015/16 MOBLES EUME

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios