GRAN ACTUACIÓN DE DANI CASTRO NO GRAN PREMIO DE MADRID

Perdeu a final co integrante da Selección Española, Antonio Fernández “Yiyo”.

173

O pontés Daniel Castro Bárcala logrou a medalla de prata nos prestixioso Gran Premio de Madrid, celebrado no Parque Deportivo Puerta de Hierro esta pasada fin de semana.

Dani meteuse na rolda dos 64 mellores, dos 103 participantes, coa sétima mellor marca, ó obter 623 puntos.

E foi vencendo sucesivamente a Juan Ortiz en trintaedousavos (6-2), Antonio Atienza en dezaseisavos (6-0), e ó que fora seu compañeiro na Selección Española Junior, Ken Sánchez en oitavos, na frecha de desempate (6-5).

Xa nos cuartos de final venceu ó segundo da previa, Daniel Simo (7-3), e nas semifinais a Manuel Villa por 6-4, garantindo o pase á final.

Xa na final enfrontábase a Antonio Fernández “Yiyo”, o único integrante da Selección Española que non acudiu a Nottingham. Experimentado competidor internacional, que so foi quen de vencer a Dani por 6-5 con 9-8 na frecha de desempate.

As medallas de bronce foron para Manuel Villa e Mario Morán.

Tamén competiu polo Silex, en Composto, Xaquín Mira, que venceu a Daniel Casillas (141-138), caendo despois ante Gonzalo Sánchez (141-143).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios