CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 4-5 / XUÑO / 2016

O feminino cae en semifinais de Copa. O Benxamín gaña o prestixioso torneo de Pontedeume e o Infantil é terceiro na Capela.

233

O feminino cae en semifinais de Copa. O Benxamín gaña o prestixioso torneo de Pontedeume e o Infantil é terceiro na Capela.

COPA FEMININA F/8 (Semifinal)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES (4-1)

O feminino quedou apeado nas semifinais da Copa de Ferrol ó caer en San Sadurniño por 4-1. Antes de chegar ó descanso Melissa anotaba dous tantos e pese a que na reanudación Noelia Ameneiro recurtaba distancias, outra vez era Melissa, que selaba o seu hat trick, e Estefanía co tempo xa cumprido que poñían o resultado definitivo, e o equipo alaranxado xogará a final contra o Racing de Ferrol. Na outra semifinal o Maniños adiantouse 0-3 pero as ferroláns foron quen de empatar para acabar gañando nos penaltis.
O femimino pontés disputará a fase previa da Copa Afaco o día 18 con O Val, Ortigueira, Amistade Meirás e Cebarca.
Xogaron Leti, Yolanda, Noelia Santalla, Yaiza, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

TORNEO DE PONTEDEUME BENXAMÍN E PREBENXAMÍN

O Benxamín gañou o prestixioso torneo de Pontedeume, campionato no que participaban 23 equipos, ademáis dos mellores da comarca, importantes conxuntos da Coruña.

Na fase de grupos venceron ó Orillamar (2-1), Racing San Pedro (2-1) e Cedeira B (4-0). Xa nas roldas finais, gañaron en oitavos 4-0 ó Racing de Ferrol, 3-0 en cuartos ó Racing San Pedro, 4-0 en semifinais ó Perlío e tamén por 4-0 na final ó Eume.

Mentres, o Prebenxamín, no mesmo torneo de Pontedeume, gañaba 3-2 ó Maniños, empatando 1-1 co Victoria de A Coruña, pasando a cuartos como un dos dous mellores segundos, e caendo nesta rolda ante o mesmo equipo coruñés por 2-0.

resutados_2

TORNEO INFANTIL DA CAPELA

No Torneo da Capela, o Infantil pontés rematou na primeira posición do seu grupo, no que estaban Ánimas, Caranza, San Pedro e Maniños, caendo nas semifinais a penaltis co Cariño (1-1), acabando o torneo na terceira posición, tras vencer ó Ánimas, tamén na quenda de penaltis (1-1). Torneo gañado polo Cariño na final ó Portuarios (0-0), tendo ós lanzamentos dende os once metros outra vez como protagonistas.

Nova cortesía Xose Blanco, Rivas, Minchi, Iván R., AF e XF.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios