RESULTADOS XXIV MEMORIAL CARLOS FORNOS – VII TROFEO JOSE RAMÓN CORRAL

Disputouse este pasado domingo no lago de As Pontes, con 23 equipos participantes.

266

Esta pasada fin de semana disputouse no lago a Travesía de As Pontes, 24º Memorial Carlos Fornos e 7º Trofeo Jose Ramón Corral.

Competían as grandes embarcacións, K4 e C4, e a distancia para todas as categorías era de 8 kilómetros, agás os cadetes, que facían cinco.

Na participación pontesa, en K4 veteráns, o Grupo Xuvenil foi cuarto, co mítico Serafín Fontao, Jose Ángel Pico, Jose Manuel Ferreira e Jose Manuel García. Gañou o Club Náutico Firrete de Pontedeume.

Foi décimo sexto o K4 Senior, de Jose Antonio Menéndez, Rubén Basanta, Ernesto Gancedo e David Tonislavov, sendo gañador desta proba o Club Piraguismo Vilaboa.

Por último, no K4 Xuvenil, foron quintos, Xose Guerreiro, Carlos Durán, Martín García e Miguel Domínguez, nunha regata na que venceu o Club Fluvial de Lugo.

Outro vencedores foron, Club Piraguismo Verducido-Pontillón (K4 Cadete), Club Breogán do Grove (C4 Senior e K4 Senior Feminino), Club As Torres Romaría Vikinga (C4 Xuvenil e K4 Cadete Feminino), Club Náutico Pontecesures (C4 Cadete), Club Piraguismo Cidade de Lugo (K4 Xuvenil Feminino).

Por equipos, gañou o Club Piraguismo Vilaboa, por diante de Club Naval de Pontevedra e Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón, sendo décimo cuarto o Grupo Xuvenil.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios