PRIMEIRO DÍA DE COMPETICIÓN EN TURQUÍA

Os catro arqueiros españois consiguen entrar na rolda dos 104 mellores

147

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García participa esta semana na terceira proba da Copa do Mundo, a que se disputa en Antalya.

Na proba de maior nivel, con ata 230 participantes, os representantes españois non conseguiron entrar nas primeira prazas, pero si meterse na rolda final dos 104 mellores.

Miguel Alvariño foi o mellor, 72º con 653 puntos, Antonio Fernández e Juan Ignacio Rodríguez foron 76º e 78º, ambos con 652, e Miguel Ángel Pifarre, 82º con 651.

Mal rival lle caeu a Miguel na primeira rolda eliminatoria que se disputará o mércores a primeira hora, dado que se enfronta ó turco de 16 anos, Mete Gazoz, 41º da previa, recente subcampión de Europa en Nottingham, torneo no que venceu a Alvariño por un rotundo 6-0. Tamén competirá Antonio Fernández contra o finés Samuli Piippo (37º), Juan Ignacio Rodríguez, ante o esloveno Rok Bizjak (35º), e Pifarre fronte o australiano Alec Potts (31º).

España foi 23º por países, dos 55 equipos participantes, polo que, con 1957 puntos, non entrou na rolda de oitavos de final dos 16 mellores, marcando a criba Ucrania con 1965.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios