MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DO CARME AS PONTES 2016

O Esteo organiza un ano máis este tradicional maratón de fútbol sala

481

Entre o 8 e 10 de xullo disputarase na pista do colexio Santa María o tradicional maratón de fútbol sala, que conta con importantes premios en metálico e trofeos para os primeiros clasificados. Haberá tres categorías, masculina, feminina e veteranos.

Para participar no torneo os interesados deben dirixirse ós teléfonos 679.371.472 e 687.831.106. A data do sorteo será o 7 de xullo ás 20,30 no pavillón municipal das Pontes.

Haberá zona de acampada para os participantes e a inscrición é de 90 euros para a categoría masculina e cincuenta en mulleres e veteranos. Colaboran no evento deportivo o concello de As Pontes e a Deputación da Coruña.

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios