O EQUIPO FEMININO CLASIFÍCASE PARA A FINAL DA COPA AFACO

Xogará o sábado contra o Cultural Maniños.

477

O equipo feminino pontés, dirixido por Pita, clasificou este sábado 18 para a final da Copa Afaco, tras ser o primeiro clasificado despois dos dez partidos disputados nos Campos de O Poboado.

As rapazas empataron 0-0 co Val, e 1-1 co Amistade de Meirás, equipos ós que gañaron na quenda de penaltis. A continuación impuxéronse ó Cebarca e tamén ó Ortigueira (2-0) no derradeiro encontro selando a súa presenza na gran final.

No outro grupo, celebrado en A Capela, o Cultural Maniños foi o dominador absoluto, tras gañar a Perlío (5-0), A Capela (5-0), Galicia de Mugardos (2-1) e CD Narón (1-0).

Complicado rival, segundo clasificado de Liga, con 29 vitorias, por apenas 2 empates e 3 derrotas, e que pretenderá resarcirse do mal sabor de boca de caer nas semifinais da Copa, hai unhas semanas, nos penaltis, ante o posterior campión Racing de Ferrol, ó que chegou a ir gañando 0-3.

Precisamente o equipo fenés foi o vencedor da primeira edición deste torneo na categoría feminina tras vencer o ano pasado 1-0 ó Ortigueira.

A final disputarase este sábado na Capela ás 18:00 horas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios