Resultados do Xuvenil de Piragüismo da pasada fin de semana

Fin de semana repleto de competición para os piragüistas ponteses que nesta ocasión estiveron nos descensos do Miño en Ourense e do Umia en Rivadumia.

217

Fin de semana repleto de competición para os piragüistas ponteses que nesta ocasión estiveron nos descensos do Miño en Ourense e do Umia en Rivadumia, cun escelente resultado do equipo Junior masculino do Xuvenil que en Ourense foron os gañadores da categoria e no Umia terceiros pese ás varias roturas de piraguas que sufriron ao ser un río que era a primeira vez que descendían e so superados polos locais do Náutico o Muiño e o Piragüismo Illa de Arousa.

No aspecto individual destacar o 3º posto de Carlos Durán en k1 e o 5º de Miguel Domínguez e Martín García en k2 en Ourense, onde Xosé Guerreiro rematou na 17ª posición.

En Ourense os tamén membros do Xuvenil Ernesto Gancedo e Ángel Pico gañaron na categoría k2 home veterán.

No descenso do Umia non houbo podios individuais pero Miguel Domínguez estivo a piques de logralo tendo que conformarse co 4º posto despois dunha rotura de timón e Carlos Durán chegou moi preto na 6ª posición. Martín García chegou na 15ª posición. No Umia tamén competiu o cadete Manuel Fernández que chegou de 23, e os veteráns José Antonio Menéndez, José Manuel Ferreira e Ernesto Gancedo que ocuparon o 4º, 7º e 10º posto respectivamente.

Despois de estas dúas competicións o equipo Veterano do Xuvenil lidera a Liga Galega e os Junior se colocan no 8º posto da súa categoría.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil de Piragüismo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios