XORNADAS DO FENDETESTAS EN VILALBA

O clube pontés estivo estes días na localidade veciña.

301

O clube pontés de Rugbi Fendetestas acudiu esta semana a Vilalba, invitado polo Concello e equipo de fútbol veciño, ao igual que o fixeron co Muralla de Lugo, para participar no Campus do Racing Vilalbés.

Nas xornadas matinais do luns, martes e xoves, acompañou o bo tempo e a actitude dos preto de 80 rapaciños que acudiron, ante un deporte novo e apaixonante para eles.

Os cativos, de entre 6 a 12 anos, puideron correr co oval, percutir e placar os sacos, e incluso xogaron un partidiño. Custoulles un pouco máis, acostumados como están ao fútbol, o feito de pasaren o oval cara atrás, e non cara adiante como fan co balón.

Desprazáronse como monitores principais Xose Cendán Montero e o vilalbés Ángel de Rosende “Toci”, entre outros, e dende o clube pontés queren agradecer ó Concello e clube veciños, que contarán con eles para fomentar e difundir este gran deporte en vilas pequenas, nas que tanto custa atopar novos xogadores, máis que nas grandes cidades.

Nova cortesía Joel Carballeira e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios