OMAR RUDA E VANESA PATXA GAÑADORES DA SAMURAI XTREME RACE DE AS PONTES 2016

Esta primeira samurai race estaba considerada como unha carreira de obstáculos extrema, desenrolada nun entorno natural, o lago artificial da vila pontesa.

507

Esta primeira samurai race estaba considerada como unha carreira de obstáculos extrema, desenrolada nun entorno natural, o lago artificial da vila pontesa. O percorrido de nove quilómetros contou con varios obstáculos naturais e outros artificiais, como poceiras, vallas, bidóns, muros, pirámides, pneumáticos, trincheiras, etc. A proba foi puntuable para a UCR Teams League.

Centos de ponteses e forasteiros gozaron desta proba na que participaron máis de 700 deportistas vidos de moitas cidades e vilas de Galicia e outras comunidades. Remataron a proba 610 atletas, que ó final do percorrido recibiron a medalla conmemorativa do evento deportivo.

En homes o gañador foi Omar Ruda cun tempo de 35 minutos e 39 segundos. A continuación clasificáronse Christian Zarta (37:33), Jesús Montoto (38:22), Manuel Raña (39:08) e na quinta posición Damiano Espasandín, con 40 minutos e sete segundos.

En mulleres, a vencedora foi Vanesa Patxa, 20ª na clasificación xeral, cun tempo de 40 minutos e 8 segundos. A continuación clasificáronse Patricia Maceiras (49:09), Johana Torres (53:39), Andrea Montero (54:13) e Cristina Caaveiro (54:36).

Na categoría de veteranos, os tres clasificados en homes foron Jorge Veiga (42:16), Matías Barreiro (43:58) e José Antonio Vidal (44:03), e en mulleres Carmen Cid (55:03), Paula Antón (1:04:28) e Paula Medín (1:05:25).

Igualmente houbo competición para os máis pequenos, no que participaron numerosos nenos e nenas, facendo as ledicias dos seus pais e o numeroso público asistente.

O evento deportivo, que estivo acompañado por unha excelente climatoloxía ó lado dun espazo natural inmellorable, tiña como obxectivo principal a solidariedade co “Proyecto Coppadis” na loita contra o parkinson. Estivo organizado por Samurai Sport’s Club, contando co patrocinio do Concello de As Pontes, Turismo As Pontes, Caeiro e Reale Seguros. Como entidades colaboradoras estiveron Grupo Matojoma, Galiorient, Wololot, Caeiro, Endesa, Dayfi Floristerías, Óptica Carmela, Nodo Dixital, Mesón de Pepe, Policía Local e Protección Civil. Para amenizar a xornada celebrouse o primeiro festival rock, con sesión vermú ó mediodía e ó solpor o propio festival.

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios