PULSEIRAS A FRAGA 2016

Este ano, os beneficios irán destinados integramente a ASFEGA, a Asociación Fenilcetonúrica e OTM de Galicia.

744

Este ano, os beneficios irán destinados integramente a ASFEGA, a Asociación Fenilcetonúrica e OTM de Galicia.

Podes conseguir a túa por só 1€ nos seguintes establecementos:

BAR FLORIDA • CERVECERIA LA CAPILLA • BELISIMA • MONTAJES AS PONTES • JUAN Q • ZOKOS • MARBELLA • MESON O MARTINEZ • LAR • LA MERCERIA

Que é ASFEGA? A entidade que representa a todas as persoas que padecen un trastorno metabólico na nosa comunidade.

Que son os trastornos metabólicos? Son patoloxías hereditarias ou causadas por unha mutación no ADN que impiden a correcto procesamento das proteínas.

A que proxecto irá destinada a recadación? Ao banco de alimentos de ASFEGA.

Por que? Porque unha parte vital dentro do tratamento dun trastorno metabólico consiste levar unha dieta baixa en proteínas. Isto supón evitar alimentos de elevado contido proteico (carne, peixe, froitos secos, etc.) e consumir, entre outras cousas, produtos hipoproteicos especiais. Estes alimentos non adoitan estar dispoñibles en supermercados e presentan uns prezos excesivamente elevados. Exemplo:

1 kg de arroz convencional entre 0,7 € – 1,5 €
500 g de arroz baixo en proteínas entre 4,8 € – 7,25 €

Máis información en www.asfega.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios