RAQUEL E MALENA FICHAN POLO DEPORTIVO

O equipo herculino de recente creación competirá na Segunda División na 2016-17

712

As xogadoras pontesas, Raquel Béjar Castro, de 18 anos, e Malena Mieres García, de 16, veñen de ser fichadas polo recentemente creado equipo feminino do Deportivo da Coruña.

Raquel xoga actualmente de defensa central e recala no clube herculino tras pasar polo clube pontés, Friol e Orzán a tempada pasada. A porteira Malena, tralo paso polas categorías inferiores do As Pontes , o ano pasado estivo no Friol.

O equipo coruñés, que está en pleno proceso de fichaxes para completar o seu plantel, de momento leva dez incorporacións, debutará na Segunda División tras ocupar a praza do Orzán, que competirá en Preferente Autonómica.

O clube presidido por Tino Fernández compartirá grupo con sete equipos galegos, os tres vigueses, O Olivo, único clube galego que militou na actual Primeira División feminina, en 2011-12, Sárdoma e Atlántida Matamá, o coruñés Victoria CF, Atlético Arousana, Friol e Tordoia.

Completan o grupo primeiro, dos sete que hai na Segunda División Feminina, os equipos asturianos Sporting de Gijón, Gijón FF, Oviedo Moderno, Femiastur Avilés, e os cántabros Ave Fénix-Rácing de Santander e CD Monte.

deportivo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios