I OPEN LAGO DE AS PONTES DE PADDLEBOARD

Disputouse este sábado no lago pontés, nun día moi caloroso, contando cos mellores especialistas de España.

192

Este sábado tivo lugar o I Open Sup Race Concello de As Pontes, que así mesmo formaba parte do Campionato de España de Race FlatWater, contando cos mellores especialistas españois da disciplina.

En longa distancia, nos máis pequenos, Eduardo Torre impúxose en Alevín, Aarón Sánchez en Infantil e Marina González en Cadete.

En 14´ resultou vencedor Paulino Cayón, seguido de Miguel Martorell e Víctor Castillo. En 12,6´ venceu Roman Frejo, sendo asi mesmo o gañador absoluto, e segundo e terceiro foron Pepe Oltra e Jurgi Zulaika. En 11,6´, triunfou Javier Agüera acompañado no podio por Iván Fernández e Ángel Fernández.

En absoluto feminino a gañadora foi Laura Quetglas, prata Beatriz Piñal e bronce Carolina Seth-Smith.

Na categoría de populares venceu Carlos Besada e segundo foi o local Dani Pérez, completando o podio Jose Ángel Casas.

Por último, na modalidade de técnica impuxéronse Francisco Rodríguez (14´), Pepe Oltra (12,6´), Javier Agüera (11,6´), Paulina Mosquera (popular) e Jacobo Fernández (cadete).

Entregaron os trofeos o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, a edil de Benestar Social, Isa Fornos. e Iván Pena, ex piraguista, ouro na Copa de España Junior 1996, e ex internacional coa Selección Española de Kayak Polo en Europeos e Mundiais. Amenizou o evento o speaker Xalo Maira.

Organizaron este evento dos Extreme Galicia Paddle Games, o Concello de As Pontes, o Naútico Folixa e a Federación Española de Surf.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Iván Pena.

También podría gustarte
Comentarios