O COLECTIVO DA HOSTALARÍA FOI O ENCARGADO DE PREGOAR AS FESTAS DO CARME E A FRAGA 2016

Unha vila non mariñeira como As Pontes celebra dende moi antigo as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme, a cal figura como patroa da localidade dende o ano 1858.

427

Unha vila non mariñeira como As Pontes celebra dende moi antigo as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme, a cal figura como patroa da localidade dende o ano 1858.

Se en anos anteriores os colectivos do ensino, da sanidade e o comercio pontés foron os homenaxeados, neste ano 2016 As Pontes rendeu unha máis que merecida homenaxe ó sector da hostalaría, ás tabernas, bares e cafeterías de antes e de agora.

Comezou o acto, que tivo lugar á carón da Casa do Concello nunha tarde de sol e calor, coas palabras do alcalde do Concello e Vila de As Pontes e Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen, despois de dar a benvida ós veciños e visitantes, fixo un repaso a este sector importante na vida social da localidade “As Pontes e cada un dos seus habitantes ten aparellada a súa vida a moitos a moitos destes negocios, pois son espazos de encontro, de vida, de cruces de camiños, onde se fala de todo,, onde nos cruzamos, onde se fan parellas, onde se concretan negocios …. En definitiva, forman parte das nosas vidas e da nosa propia historia …”

Noutro intre da súa intervención, o alcalde pontés falou do protagonismo dos negocios do rural “ … no mundo do rural cobra unha maior significación, pois son ao longo dos tempos os lugares de encontro nunha Galicia de miles de lugares, terra moi diseminada, onde o único lugar nos que a xente se encontraba era na tenda … e na que os labregos falaban da colleita, o emigrante retornado se reubicaba tras coñecer outros mundos … Por iso tabernas como Casa Díaz ou Casa Valentín en Oente, O Muíño ou o Cruce en Saa, Casa Eladio ou Carlos en San Pedro de Eume, Casa Picos na Faeira ou Casa Ubaldo no Freixo, son eses lugares aos que lle debemos tanto, polo seu servizo público”.

Rematou a súa intervención referíndose ás tabernas e tendas desaparecidas “ … quixera adicar unhas palabras especiais a aquelas tabernas, tendas ou salóns de baile que despareceron pola explotación mineira, que coa súa xenerosidade cederon paso na historia ao progreso industrial, a taberna de Abadillo e a de Calvo no Meidelo, as tabernas de Caridad e de Pitágoras, a de Emencia en Saa, a de Cascudo en Espiñaredo, ou as de Seoane, Filgueiras e Raúl. A todas elas e aos que as rexentaron, gracias”.  Involuntariamente o alcalde esqueceuse dunha taberna que tivo unha grande relevancia nos anos sesenta e setenta do pasado século. Refírome á taberna de Benedicto na Ponte da Pedra, tamén desaparecida.

De seguido os verdadeiros protagonistas, os taberneiros comezaron a achegarse ó atril para dirixir unhas verbas ós seus veciños e forasteiros que se achegaron ata a casa de todos, a do Concello.

A primeira pregoeira foi Carmen Fernández, cariñosamente coñecida como Carmiña da Cueva, sentíndose moi honrada e orgullosa por este recoñecemento. Fixo unha historia das súas vivencias no seu bar de sempre “Hace ya 50 años que Atilano y yo decidimos venirnos desde Fonsagrada y comprar la casa donde Graña tenía una sastrería, que cambiaría para el local de al lado  … En los primeros años, antes de que Endesa se asentara en el pueblo, dábamos comidas, especialmente durante las grandes ferias del 1 y el 15 … Después cuando la central comenzó a funcionar y As Pontes crecía rápidamente, el trabajo se multiplicó con lo que nos metimos en el negocio de la pensión, dando camas con desayuno y cenas como muchos bares del momento”.

Despois falou dunha curiosa anécdota “Aún recuerdo cuando una pandilla de clientes de toda la vida, que venían de Igrexafeita, me pidieron mi primer cubalibre. Yo sorprendida, ya que era la primera que oía esa palabra, les abrí un botellín de vermú esperando acertar. Ellos, con cara extrañada me explicaron que así no era. Recuerdo las palabras exactas que salieron de la boca de uno ¿tienes ginebra Foki u coca cola y limón y hielo ?. Así fué como hice el que sería el primer cubata de muchos.”

La Cueva ha sido unha familia que me ha regalado momentos increíbles. Hace tanto slo 4 años viví una de las mejores noches de mi vida, cuando mis hijos y nietos consiguieron montarme una fiesta sorpresa en reconocimiento a toda la vida en la hostelería. Una gran noche en la que se juntaron más de 100 personas entre familia, amigos y clientes”.

Carmiña rematou a súa intervención agradecendo á súa clientela de sempre e ós que rexentan o local, o seu fillo e a súa nora, e que con tanto esforzo sacaron adiante Atilano e ela.

Despois dirixiu unhas palabras Ángeles Basanta, do bar Rodas. “Estimados veciños e veciñas, é un orgullo enorme para a nosa casa poder estar aquí hoxe neste pregón acompañada por es grupo de compañeiros e compañeiras, familias traballadoras que, continuando co negocio dos nosos devanceiros, tivemos a oportunidade de formar parte da historia e da vida de moitos de vós. Estamos moi agradecidos polo apoio que nos brindaron os veciños das Pontes durante os 55 anos do Rodas, grazas a iso as nosas portas seguen abertas. Esperemos que pasedes unhas boas festas patronais e unha festa da Fraga memorable. ¡ Vivan as festas de As Pontes ! E por suposto vémonos nos bares. Moitas Grazas.”

Logo dirixiuse ó atril Antonio de Casa Ana. Falou da historia do local que inaugurou a súa nai, a cal non podía estar presente neste acto de inauguración das festas patronais.

Despois e tamén sen chuleta falou Fina Barro Seijo, de Casa Valentín, de Goente. Fina comentou a creación da taberna que agora ela  rexenta e que foi fundada por seus pais, presentes no pregón das festas.

Logo tocoulle a quenda a Ubaldo Ramil, da taberna do Freixo. “A taberna da nosa familia leva aberta 72 anos, toda unha vida. Aló por 1944 meus pais Evangelino e Benigna mercaron unha casiña vella onde xa daquela habí unha taberna e puxéronse a traballar nela compaxinándoa co traballo na labranza e na gandería. Pouco a pouco foron facendo arranxos ara que no ano 1961 abriron o que é a taberna tal e como está hoxe. Eran tempos de bonanza no Freixo. A nosa era unha das tres tabernas que había na Igrexa e no resto da parroquia había catro máis. Pero os tempos mudaron, a despoboación no rural déixouse sentir moito e agora mesmo quedamos só nós, e aínda para unha soa non hai moita vida.”

Tiñamos tamén un salón de baile, que eran como as discotecas de agora. Moitas parellas se namoraron aquí. Os domingos de inverno, cada 15 días, coa entrada a un peso e as orquestas de aquela, unha gaita, un acordeón ou un tocadiscos. Mesmo se puxeron películas que traía a familia Silvent. Haber non había moitos cartos, pero felicidade e sociedade máis que agora mesmo.”

Logo de contar a anécdota dunha mestra e un señor maior, Ubaldo rematou o seu humilde, pero bonito pregón agradecendo ó concello de As Pontes e á comisión de festas este recoñecemento e desexando a todos unhas boas festas.

De seguido Daniel Barro, do bar Daniel, foi o seguinte en falar. Moi nervioso comezou “dixéronme que tiña que decir algo, pero, o meu non é falar, é facer cafés e poñer viños, pois é o levo facendo dende que con 14 anos saín da casa dos meus pais, para empezar a gañarme a vida cos meus tíos, que foron os que me ensinaron o que sei desta profesión tan sacrificada como é a hostalaría.”

Rematou Daniel dicindo “pero vos non estades aquí para escoitarnos, pois como dixen o noso non é falar. Que teñades unhas boas festas. E como di a canción dos Celtas Cortos –Nos vemos en los bares-“.

Rematou a quenda os pregoeiros Javier Aneiros, quen fixo unha lembranza das vicisitudes que pasaron seus pais, Amable, falecido hai oito anos, e Arcadia, que abriron O Atallo en outubro de 1969.

Falou tamén da zona dos viños do Rego do Muíño con dez bares e cada un poñía a súa tapa tocándolle ó Atallo as “patacas bravas”. “E como de cambios e consellos de amigos e clientes ía a cousa, cando a Zona dos Viños se agotou pola entrada de diferentes xeracións, un arxentino que tiñamos como cliente díxolle a miña nai que sabía dun negocio, que xa que ela cociña tan ben ía funcionar. E así arrancamos coa pizzería … Así que as nosas pizzas non son italianas, máis ben son arxentinas.”

Rematou Javier Aneiros “ … grazas a os nosos pais, por loitar por nós … E aquí seguimos logo de 47 anos repartindo pizzas a domicilio aínda que os da Comisión nos corten a metade das calles nas Festas e teñamos que dar máis voltas que a noria.”

Coa actuación da Tuna da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, que interpretou temas populares e coñecidos que foron coreados  e moi aplaudidos polo numeroso público asistente, rematou o pregón das Festas das Pontes 2016.

Ás once da noite proxectouse sobre a fachada da Casa do Concello o espectáculo audiovisual “As Gotas do Eume”.

As Pontes, 16 de xullo de 2016 (AF)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios