O ESTEO XA COÑECE ÓS SEUS RIVAIS PARA A CAMPAÑA 2016-17

Quince equipos serán da partida dos que descenderán dous

167

O equipo pontés de fútbol sala de O Esteo xa coñece ós que serán os seus rivais da vindeira tempada 2016-17 na Segunda División B do fútbol sala español, grupo primeiro.

Serán 15 equipos e non 16 coma a anterior, e ó mesmo tempo o número de descensos pasa de tres a dous.

Repetirán do ano anterior, ademáis do equipo pontés, os galegos Noia, Pizarras Tres Cuñados, Ventorrillo, Leis Pontevedra, Xove, os casteláns leoneses Universidad de Valladolid, Albense, Cuéllar, Guardo e Atlético Benavente, e o asturián Boal.

Serán novos o Guadalajara de Castela a Mancha, o San José de Salamanca e o Zamora, descendido de Segunda División.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios