PARTICIPACIÓN DE DANI CASTRO NO EUROPEO JUNIOR DE RUMANIA

Esta semana estase a levar a cabo o campionato continental junior e cadete na capital Bucarest

245

O arqueiro pontés do Clube Sílex Daniel Castro Barcala (1997) participou esta semana nos Europeos Junior de Rumania.

Dani foi 28º nas tiradas previas con 635 puntos. Iván Marín foi 22º con 638 puntos e Pablo Acha 30º con 633. Moi ben o ruso Arsalan Baldanov con 671 puntos, 13 máis que o segundo, o francés Koenig (658).

Dani quedou exento de disputar a primeira eliminatoria, pero na segunda caeu ante o italiano Dino Bizzotto, 37º da previa, por un axustado 4-6.

Mañá venres competirán, en dezaseisavos de final, os seus compañeiros, tras vencer nesta segunda rolda. Pablo Acha gañou na frecha de desempate ó belga Ben Adriaensen 6-5 (10-9), resultado de mérito tendo en conta que o belga birloulle a medalla de bronce por equipos ó mesmísimo Alvariño hai unas semanas no europeo de Nottingham. Pola súa banda Iván Marí vencía 7-1 ó bielorruso Tsarankou.

Na proba por equipos, foron sextos na previa con 1906 puntos, enfrontándose en oitavos de final a Ucrania, undécima da previa, á que venceron por 5-1, caendo logo nos cuartos ante Rusia, que fora terceira, polo mesmo tanteo.

Acabaron na oitava posición, por detrás de Bielorrusia, Polonia e Italia, que tamén caeron nesta rolda.

Cousa curiosa nun deporte con tantas alternativas e sorpresas, é que polo bronce loitarán o terceiro e cuarto da previa, Rusia e Alemania, e polo ouro, o primeiro e o segundo, Francia e Holanda. Por unha vez, cumpríronse os pronósticos.

Dani xa fóra cuarto individual no Europeo Cadete de Eslovenia en 2014, e noveno por equipos no Mundial Junior de EEUU 2015.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios