ESTE XOVES PRESENTOUSE O CD AS PONTES DE CARA Á TEMPADA 2016-17

A presentación contou co presidente, a directiva, o concellal de deportes, os dous adestradores e vinte xogadores.

648

Este xoves á tarde presentouse o novo CD As Pontes, que competirá a vindeira temporada 2016-17, na Terceira División, na que será a súa sétima campaña consecutiva na máxima categoría do fútbol galego.

O Presidente do Clube, Xaime Castro, acompañado pola directiva e o Concellal de Deportes, Chicho Tembrás, dirixiu unhas verbas na presentación, ós xogadores e ó corpo técnico, dándolles a benvida e desexándolles moita sorte.

Aparte do adestrador Marco Roca, e do que será o seu segundo, Manu, completaron este primeiro adestramento 20 xogadores. Contabilízanse 17 baixas con respecto á campaña anterior, e só continúan do ano pasado Edi, Rubén Pardo, Pablo Ramos, Samu e Criado, e fichouse ó porteiro Paco Fernández, procedente do Mugardos. Estarán a proba estes días os xuvenís, Lino, cancerbeiro, e os dianteiros Miguel e Josiño. Do segundo equipo, o lateral esquerdo Rubén, o central Jandro, e o medio centro Alex Cabarcos.

Tamén Pablo Rubio, ex do Mugardos, fillos de míticos ex futbolistas, como David Buyo, que fóra xogador do Puerta Bonita, Alcobendas ou Guadalajara, entre outros, e David González, fillo de Jose Ramón, aínda con apenas 19 anos, que pasou por Ordes e Cerceda. Outros coma Adrián Taracido, o de Cariño, que xa estivera no xuvenil pontés de Liga Nacional, Álvaro Rey, ex do Deportivo Xuvenil, compañeiro de Quique Fornos na selección galega sub16 e sub18, ou Marcote, ex dianteiro do Racing de Ferrol Xuvenil. Fole e David Prieto completaban a lista de 20.

Tamén haberá un preparador físico e Santi será outro ano máis o adestrador de porteiros. Nos vindeiros días agárdase a chegada de novos reforzos. Cabe recordar que o As Pontes xogará o día 3 na Copa Deputación co vencedor do Abellá-Sada no que será o seu primeiro encontro da tempada, e xa en Liga, debutará o día 21 de Agosto na Illa de Arousa co Céltiga e o 28 recibirá ó Alondras.

Despois duns estiramentos, os xogadores xogaron un partidiño para rematar esta primeira sesión.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios