Resultados do Grupo Xuvenil As Pontes no 80º Descenso Internacional do Sella

Os padexeiros do Grupo Xuvenil de As Pontes sumáronse aos case 1200 participantes na que é unha das regatas con máis tradición do piragüismo mundial.

524

O pasado sábado 6 de agosto celbrouse a 80º edición do Descenso Internacional do Sella entre as localidades de Arriondas e Rivadesella en Asturias. Os padexeiros do Grupo Xuvenil de As Pontes sumáronse aos case 1200 participantes na que é unha das regatas con máis tradición do piragüismo mundial.

Para a maioría do equipo desprazado era a primeira participación en esta competición e pese a todo consegurion os seguites resultados:

José Antonio Menéndez Lolo – 8º k1 home veterano

Martín García e Miguel Domínguez – 12º k2 home junior

Carlos Durán e Xosé Guerreiro – 17º k2 home junior

Pablo Moreno e David Tonislavov – 17º k2 home sub-23

Por outra parte o domingo celebrouse en Cabanas o Campionato galego de kayak de mar no que o Xuvenil so pudo desprazar ao Veterano José Ferreira que alzouse co 3º posto na súa categoría na modalidade de kayak tradicional.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios