TROFEO FESTAS DE CEDEIRA. SD COMPOSTELA XUVENIL 0 – CD AS PONTES 2

O conxunto pontés impúxose no torneo das festas da vila veciña e recolleu o trofeo Edi

458

O As Pontes xogou onte no Trofeo das Festas de Cedeira ante a SD Compostela Xuvenil, equipo de Liga Nacional, ó que venceu por 0-2, con tantos de Josiño no primeiro tempo e de Alex Cabarcos no segundo.

Equipo moi ben traballado o santiagués que llo puxo moi complicado ós ponteses, e así, tras uns primeiros minutos de moito control por ambos conxuntos, mediado o primeiro tempo o As Pontes tivo as súas ocasións de gol.

Cris queda só e saca o porteiro cos pés (23´). No posterior córner é Edi quen remata de cabeza e desvía o gardamallas santiagués (24´), e noutras dúas boas xogadas do fillo de Recemel, non alcanza a rematar Cris (26´) e sobre todo Casas en boca de gol (30´).

Foi preto do descanso, tras un centro de Tara dende banda esquerda, que non atina a rematar Cris, e chegando Josiño por banda dereita marca de tiro raso pegado ó primeiro pau (38´).

Así se chegou ó descanso e trala reanudación o conxunto da capital galega foi a polo empate, e hai que resaltar un disparo cruzado a rentes do pau (50´), ou máis clara nunha gran xogada de equipo ó primeiro toque, que a vaselina do dianteiro vai alta por pouco (59´).

Respostou o As Pontes cun tiro cruzado de Cris (63´) e un disparo por alto de Samu (69´), ata que no 72´ son Alex Cabarcos e Cris quen quedan completamente sós ante o porteiro visitante, tras un pase en profundidade, e o xogador da Capela marca de forte disparo a sentencia.

Cris puido aumentar o marcador, se ben é certo que na xogada posterior o atacante santiagués puido anotar ante a saída de Lino (79´).

Cun remate de Marcote que desvía a córner o porteiro do equipo vermello (83´) rematou o torneo e Edi foi o encargado de recoller o trofeo
Xogaron polo As Pontes Lino, Fol (Criado 72´), Rubén (David Buyo 72´), David Prieto (Jorge Callón 62´), Tara (David González 62´), Pablo Rubio, Cris, Alex Cabarcos (Álvaro Rey 72´), Miguel Casas (Samu 62´), Edi e Josiño (Marcote 72´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios