O CONCELLO DA CAPELA PRESENTA O EVENTO “I ENCONTRO COA HISTORIA – O Preámbulo”

Iníciase así unha recreación da historia do mosteiro. O evento “Encontro coa Historia” ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como dar a coñecer a cultura, productos e historia deste Concello.

308

O evento “Encontro coa Historia” ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como dar a coñecer a cultura, productos e historia deste Concello.

Nesta edición preténdese amosar unha pincelada do que era a vida na idade media, con exposición de productos artesanais ou ecolóxicos, talleres tanto de alimentación coma de xoguetes coma de esgrima medieval, así como animacións de rúa.

Mañá venres farase una ruta guiada e gratuita polas Fragas do Eume, na que se irán explicando a flora, fauna e etnografía do parque natural concienciando da súa importancia ecolóxica. Prazas limitadas. Información e reservas en www.concellodacapela.es.

O sábado ademáis está prevista unha visita guiada teatralizada, na que o prior do mosteiro terá a ben recibir aos visitantes e amosarlles as distintas dependencias de Caaveiro e contarlles alguna anécdota.

Para chegar ao mosteiro hai autobuses pola beira do Eume cada hora, e tamén se pode ir pola Capela camiñando por calquera dos sendeiros que levan a Caaveiro

A asistencia é libre e gratuita.

O evento está organizado polo Concello da Capela e a empresa Eventi, co financiamento da Deputación da Coruña

programa_definitivo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios