CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17 – PARTIDO 21 / AGOSTO /2016

Un renovado e xoven CD As Pontes inicia este domingo na Illa de Arousa a súa andaina na 3ª División 2016/17.

278

Un renovado e xoven CD As Pontes inicia este domingo na Illa de Arousa a súa andaina na 3ª División 2016/17.

O equipo das Pontes, que está a pasar a súa peor crise da súa historia, afronta esta tempada con incerteza e preocupación por parte dos seus socios e afeccionados, os que a día de hoxe non ven nada claro o seu futuro. Agora mesmo pouco se sabe de cómo vai quedar a estrutura do Club e o que lle pode pasar ó resto dos equipos da entidade. Esperemos que haxa axiña unha solución e que esta sexa positiva para a entidade.

Con este panorama por diante, o domingo será o primeiro partido da tempada no Salvador Otero da Illa de Arousa, onde os ponteses non xogaban dende a tempada 2012/13, encontro que precisamente gañaran claramente por 0-2. Un terreo de xogo no que nunca perderon os da vila de García Rodríguez, con tres vitorias súas e un empate nos enfrontamentos anteriores.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (1ª xornada)
CÉLTIGA F.C. – C.D. AS PONTES
CAMPO SALVADOR OTERO (Illa de Arousa)
DOMINGO 21 DE AGOSTO DE 2016 (18,00 h)
ÁRBITRO: GUSTAVO VIDAL FONSECA (Santiago)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios