II MALLA DE PONTOIBO

O dia 20 de Agosto a Asociacion de Pontoibo e Mulleres Rurais celebrou a II Malla Popular.

796

O dia 20 de Agosto a Asociacion de Pontoibo e Mulleres Rurais celebrou a II Malla Popular. Esta Asociacion foi creada fai tres anos e o presidente desta Asociacion e Luis Ameneiro, e ten casi 200 socios. Este ano a Malla comenzou as 11 da maña e coma outros anos esta malla faise na finca de dona Francisca Bouza, moi preto da Capela de San Vicente. A intencion desta malla e rememorar e ensinar a todos e todas que se achegaron ali a ensinar como se traballaba na aldea , pra conseguir que todo esto sea posible , esto ten un proceso

1.- A SEMENTEIRA:

Nesta zona adóitase sementa-lo trigo a finais do mes de novembro, na semana do Santo André (o día 30).

O cultivo deste cereal resulta moi útil para renovar a estrutura dos terreos xa pouco fértiles. Así, Suso plantou trigo do tipo grandal (o que se utilizaba antigamente para as leiras) como cultivo rotativo para mellorar a herba para o pasto.

O certo é que este cereal non precisa de grandes coidados, co que basta un pouco de abono (empregouse Cros superfosfato de cal) e un clima húmido, dándose en case tódolos tipos de solo. En certas ocasións, se nace moita herba polo medio do trigo, tamén se aplican herbicidas (cousa que non ocorreu este ano).RAI_3228.jpeg

2.- A SEGA:

Tra-lo paso do verán, coas altas temperaturas e o sol, o trigo vai madurando. O punto ideal para a sega adoita estar ao principiar o mes de agosto, se o tempo acompaña.

Neste caso, os membros da Asociación de Veciños e Mulleres Rurais de Pontoibo segaron o domingo 2 de agosto, xa que se esperaba mal tempo para os días seguintes. O trigo, para poder segalo, ten que estar ben seco, pois noutro caso estragaríase.

Tradicionalmente segábase a man, con fouciñas. Este proceso resulta moi laborioso e esgotador, polo que se decidiu empregar neste caso a segadora de peine do tractor. Precísanse así duas persoas, unha que conduza e outra que se coloque na segadora para ir repartindo o trigo en pequenos montóns, o que nesta zona se denomina amollarUnha vez segado o trigo, hai que facer pequenos mollos e atalos. Átase cos propios talos ou palla, de xeito que se collen uns poucos e se fai un lazo ao redor do mollo, o que nesta zona se denomina vencello. Iso sí, precísase certa destreza para que quede ben.

Unha vez segado todo o trigo e feitos os mollos, agrúpanse en pequenos montóns, as moreas. Permanecerán así toda a noite para que asentenAo día seguinte, faranse os medeiros ou pequenos palleiros para resgardar o trigo ata o día da malla

3.- A MALLA:
O día anterior á malla, desfanse os medeiros e colócase todo xunto. É a meda grande ouPara mallar, precísase unha serie de maquinariaO motor

É de gasoil e encéndese manualmente cunha mecha e dando manivela. O motor é marca diter, dun pistón e once cabalos de potencia

A malladora

A malladora vai unida ao motor cunha correa que é a que lle transmite a forza necesaria para o seu funcionamento. Na parte superior colócase unha mesa que serve de apoio para meter o trigo. A palla sae pola parte frontal e o gran pola parte inferior.

A limpadora

Na malla de Pontoibo empregáronse dúas limpadoras. Esta, máis antiga, coa que hai que dar manivela a man. Así dentro da máquina hai unhas aspas coas que se fai un efecto ventilador. Ogran pasa por unhas cribas caendo finalmente para abaixo polo seu propio peso; e a muiña (ou restos de palla) sae voando para o exteriorA malladora moderna. Foi feita en Pontedeume, marca Campeba. Sustituíu as malladoras antigas xa que funciona co motor do tractor. Neste caso utilizouse soamente de limpadora.O proceso é ben sinxelo. Unha persoa colócase no alto da meda, e vai tirando os mollos hacia abaixo, donde outra os manda á mesa da malladoraNa mesa, dúas ou tres persoas encárganse, por esta orde, de cortar o vencello, de separar os mollos por metades e de meter o trigo á máquina, coidando de que non se meta todo xunto xa que se atascaría a malladoraDentro da máquina, sepárase o gran por un lado, que sae pola parte inferior, e a palla por outro, que se expulsa pola fronte.

Debaixo da malladora adoitan colocarse dúas persoas para recoller o gran con cestos. Este gran aínda non sae limpo, senon que ten moita argana ou restos de palla e mais das espigas, motivo polo que se ten que levar á limpadora.

**Agora empréganse cestos de plástico xa que son mais cómodos para levar o gran ata a limpadora e impiden que se perda polo camiñoCando o gran sae da limpadora, normalmente aínda é preciso un último trámite para que quede completamente limpo, hai que axiralo con cribasNa fronte da máquina, outras dúas ou tres persoas encárganse de xuntar a palla en feixes e levala para conformar o palleiro. A palla lévase a brazados ou con galletos.

Finalmente, pouquiño a pouco coa palla que sae da malladora, faise o palleiro. No cumio, vaise botando a palla miuda que cae, para ir Por último, no curuto do palleiro colócase un mollo aberto, atado e ben apretado, retorcendo a palla por unha punta tipo vincallo. Isto para que non entre a auga no palleiro. A modo de adorno, nesta zona era costume colocar unhas flores propias da estación para facelo máis bonito.
E coma en tódalas boas festas que se precien, non podían faltar os gaiteiros do grupo No Cómbaro, o baile e unha boa merenda!

Nova cortesía de Raimundo Carballo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios