TERCEIRA DIVISIÓN. CÉLTIGA CF 2 – CD AS PONTES 0

O conxunto local mereceu a vitoria no debut pois ademáis dos dous tantos enviou dous tiros ó pau.

224

O As Pontes perdeu na Illa de Arousa, na súa visita ó Céltiga CF, equipo recén ascendido pero con galóns na categoría, coma o que o acompañou no ascenso, o Vilalonga. Máis inexpertos son o Castro ou o Dubra, do Norte, que debutan en Terceira.

Nunha primeira metade igualada resaltar un disparo ó pau de Diego. Trala reanudación, un córner acaba en gol de Castro, marcador que puido aumentar Chiqui con outro remate ó poste.

Buscou o empate o cadro azul, pero foi Pichi, xa no desconto, quen puxo o 2-0 definitivo.

Xogaron polos azuis, Paco, Criado, Buyo, Prieto e Callón en defensa, no medio Rubio, Ramos, Edi e David González, e arriba Pardo e o xuvenil coruñés Cristian.

A continuación entraron Álvaro Rey por Cris (41´), Samu por David (48´), e Marcote por Pablo Ramos (73´), sendo amoestados Pardo, Pablo Rubio e Edi.

Primeira derrota pontesa no Salvador Otero, onde se rexistraba un empate e tres vitorias, a última na 2012-12, 0-2.

Recibe o As Pontes a vindeira semana ó Alondras, equipo con capacidade para quedar nos postos de play off, pero que sufriu moito nesta primeira xornada para vencer 2-1 ó ascendido Castro, e remontando.

Equipo que este ano se fixo cos servicios de Xose, Fondevila, Tubo, Víctor, ou sobre todo de Pablo Couñago, que fora campión e máximo goleador do Mundial Sub20 e que andaba por Finlandia, equipo do que tamén fichou Yerai.

Por certo, o primeiro gol do Castro, no que milita o ex pontés Iván González, na categoría, anotado por Héctor Sánchez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios