O DEPORTIVO DA CORUÑA CONQUISTA A COPA DEPUTACIÓN FEMININA TRAS GAÑAR Ó VAL NA GRAN FINAL

Xogaron esta final catro xogadoras pontesas, e unha con pasado pontés.

273

O recén creado equipo feminino do Deportivo da Coruña impúxose onte en Sinde na final da I Copa Deputación Feminina ó Val por un contundente marcador de 0-7.

Malena na portería e Raquel no centro da zaga foron titulares polo conxunto branquiazul, e no cadro de Narón, Mireia Cabarcos actuou no lateral dereito, e Andrea Montero, a xove fichaxe de 15 anos, xogou na segunda metade. A capitana do cadro valexo era a central Noelia Castro, que xogara varias temporadas no equipo feminino pontés.

O Deportivo chegaba á final tras eliminar sucesivamente a Pastoriza (9-0), Victoria de Santiago (4-1), e Victoria de Coruña (7-1).

O equipo valexo alcanzou a última rolda tras gañar ó Sporting Burgo (9-0), Xuventu Aguiño (3-1), e Torre (1-0).

Xa na gran final, o cadro herculino chegou 0-2 ó descanso, marcador que ampliou na segunda metade ata o 0-7 definitivo. Os tantos foron anotados por Patri (2), Ari (2), Estefi, Elvira, e un en propia meta.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotografías cedidas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios