CLUB DEPORTIVO AS PONTES RESULTADOS 3-4 / SETEMBRO / 2016

Derrota do Feminino e Cadete no estreo na competición comarcal

400

LIGA FEMININA F-8 FERROL
CD SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES (4-3)

O equipo feminino perdeu na sempre difícil cancha do San Sadurniño 4-3. Sen embargo nesta ocasión a derrota foi máis amarga pois chegaron a ir gañando 0-2. Tres tantos de Melissa Ghislaine e un de Yaiza desbarataron os dous tantos de Carlota e un de Paula Castro. Xogaron polo equipo de Julio Montero, Leti, Yoli, Nuria, Noelia Ameneiro, Andrea Pita, Paula Castro, Carlota, Xeila, Carolina, Uxía e Noelia Santalla. Reciben a un Cebarca que empatou 1-1 co Cariño. Non semella parecerse ó que ao ano pasado rematou penúltimo con 8 puntos.

COPA CADETE 1ª FASE (Grupo B Ferrol)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO (0-5)

O Cadete debutou na casa cunha abultada derrota ante o Perlío por 0-5. Os rapaces dirixidos por Pardo comezaron os adestramentos tarde polas circunstancias e con moitas baixas. Irán crecendo e mellorando co paso das xornadas. Xogaron Juan, Azoin, Antón, Antonio, Xavi, Antón, Jorge, Xan, Vicente, Xoel e Jose, e despois Mohamed, Andrei, Joan e Alejandro. Visitan ó sempre complicado Eume que venceu 0-5 ó Narón B.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios