COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA DE FÚTBOL SALA: STELLAE F.S. – O ESTEO F.S. (0-5)

O equipo pontés avanza ós cuartos de final da competición.

209

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo estreouse oficialmente nesta 2016-17 na súa visita a Padrón, onde venceu ó equipo local do Stellae por 0-5.

Non foi doado o encontro pois a primeira metade pechouse cun solitario gol de Ayala, e xa na segunda chegaban os tantos de Alex Garea e Alberto carro.

Arriscou con porteiro xogador nos últimos minutos o cadro local, pero non lle saiu ben, e o Esteo sentenciou por medio de Jaco e outra vez Alex Garea.

O equipo pontés enfrontarase ó Cidade de Narón nos cuartos de final, seguramente durante esta semana.

STELLAE: Cheu, Toño, Óscar, Dani, Maneiro – cinco inicial – Juan, Pepe, Gabi e Alberto.

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Jaco, Rober Paz, Alex Garea – cinco inicial – Gerardo, Púas e Alberto Carro.

GOLES: Min. 14 (0-1), Ayala. Min. 28 (0-2), Alex Garea. Min.31 (0-3), Alberto Carro. Min. 37 (0-4), Jaco. Min. 39 (0-5), Alex Garea.

INCIDENCIAS: Primeira rolda da Copa Deputación. Pavillón Municipal de Padrón. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios