TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – RACING VILALBÉS 1

Triunfo pola mínima do líder nun derbi moi polémico.

368

Derrota do As Pontes 0-1 ante o líder Vilalbés, o que deixa un mal sabor de boca nos afeccionados locais, máis que pola pérda dos tres puntos, por xogar con dez os últimos vintecinco minutos, e porque o único tanto chairego chegou tras un grave erro da zaga local.

Nun encontro no que regresaban a casa Souto, Alex Cabarcos e Arias, e nunha fin de semana no que os afeccionados víronse obrigados a escoller entre derbi de fútbol campo ou de fútbol sala, a pesar da diferencia na táboa clasificatoria, foi o As Pontes o que xogou mellor e levou o peso do encontro nos primeiros minutos, sacudíndose a presión o conxunto visitante, nivelando o dominio do encontro antes do descanso.

Así, tras unha xogada por banda, retrasa a bola Pardo, remata Edi e chapa Souto (9´). Posteriormente, Marcos non logra controlar un balón de primeiras, nunha xogada perigosa na que Cristian cae na área ainda que semella que non hai infracción (13´). Logo, tras un centro dende banda dereita, cabecea Edi e atalla sen problemas Souto (20´).

Avanzaron os chairegos, i é Villares quen se lle vai a Pablo Ramos e cando encara a Paco chegando dende banda esquerda, anticipase Callón (21´). Nun centro do pontés Alex Cabarcos, casi chega a cabecear en boca de gol Hugo (41´).

Na segunda parte os vilalbeses foron a polo gol dende o inicio. Tras un intento de despexe do conxunto local, o balón acaba nos pés do perigoso Gerardo, que queda completamente só, aínda que salva Paco en dous tempos (52´).

Tivo unha moi clara o As Pontes, tras un primeiro centro chut de Pardo, que o balón bota na área e quedalle que nin pintada a Cristian, que a manda fora por alto (61´).

O propio xogador coruñés é protagonista na xogada posterior, na que no momento en que vai a ser sustituido por Alex Cabarcos, o xove da Capela, ve a segunda amarela de maneira moi rigurosa, supostamente por perder tempo (65´), a mans dun colexiado que vía faltas no equipo local que sen embargo non contemplaba no conxunto contrario.

Expulsión que causa moito malestar en O Poboado, pois xa contra o Alondras Pablo Rubio foi expulsado por un feito similar, criterio que só se aplica contra o conxunto local.

Por si fora pouco xogar cun menos, o único tanto que deu o triunfo ós visitantes, chegou nun grave erro da zaga local, habituada a arriscar moito saíndo dende atrás, e estivo listo Gerardo, quen, moi pillo, aproveitou un balón regalado para regatear a Paco e marcar a porta baleira. Accións que se deben de tratar de evitar, porque botan por terra o bo traballo realizado durante os noventa minutos (74´).

Nos derradeiros compases o equipo azul buscou o empate á desesperada e os visitantes puideron facer o segundo.

Villares supera a Paco por alto cun sombreiro e o seu remate salvao un defensa, e logo sucede o mesmo cun segundo disparo de Gerardo na mesma xogada (81´). Tras un centro dende banda esquerda, toca o xusto Paco para desviar a bola e que non empale ó fondo das mallas Jose Varela, e logo é o seu irmán Javi quen dispara ás mans do porteiro ferrolán (88´).

Sen embargo, foi o As Pontes o que tivo a última ocasión do encontro. Colga Marcote á área, Edi cabecea, e chegando dende atrás empalaa Rubén Pardo no borde da área, pero pégalle mordido fora (89´).

Chegouse ó final do partido e os chairegos son líderes con 12 puntos, mentres que o conxunto azul é penúltimo con un. Sete victorias locais, por cinco empates e seis triunfos lucenses no Campo de O Poboado.

O As Pontes terá un moi importante segundo partido consecutivo na casa, ante o ascendido Dubra, o próximo domingo. Entre semana, recibirán ó Cerceda o mércores nun inoportuno encontro de Copa Federación.

0 CD As Pontes. Paco, Criado, Buyo, Prieto, Callón, Rubio, Álvaro (Alex Cabarcos 86´), Edi, Rubén Pardo, Pablo Ramos (Marcote 80´), Cristian.

1 Racing Vilalbés. Marcos Souto, Diego López, Alex Cabarcos (Alex 72´), Hugo, Muíña, Javi Varela, Jose Varela, Pablo Vivero (Rubén Gómez 69´), Sergio Arias (Xusto 86´), Gerardo, Villares.

Goles: 0-1, Gerardo (74´).

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Máis de 200 espectadores en tarde soleada.

Árbitro: Javier González Arévalo (A Coruña). Auxiliado por Martín García Gómez e Rubén Vázquez Penas. Mal. Aplicou distintos criterios para ambos equipos. Amarelas a Paco, Edi, Marcos Souto e Sergio Arias. Expulsou por dobre amoestación a Cristian (65´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios